venres, 25 de marzo de 2016

Un alien no sofá da cociña.



 O ano que fixen a comuñón, a miña avóa deulle un derrame cerebral e quedou sen mobilidade do lado dereito.

 Non perdeu ningunha  facultade mental, nin sequera cando estaba a punto de expirar.

 Era unha vella das de antes, o igual que supermán o traxe de luto víñalle de serie cando naceron. Consistente... un bloque compacto de vontade inquebrantable. Naceu de pé e sempre tirou pá diante.

 A palabra depresión, estrés, ansiedade e tantas outras hoxe no noso falar diario, non existía no seu vocabulario e moito menos na súa vida.

 Tan pronto colleu forza no lado esquerdo, intentou valerse por si mesma arrastrando o seu lado dereito do corpo da forma que fose, para non molestar os demais.

 Non voltou ter nunca a calidade de vida que tiña antes. Non podía cavar a leira, nin ir o batume nin o argazo, nin a seca, nin o que fora que lle gustara facer...
Eu era moi cativo daquela e iba o meu, non me preguntaba por estas cousas.
Non a recordo queixarse, maldecir ou lamentarse da sua sorte nunca.

 A nosa casa está feita de encanos e reformas. Nun deles covertemos a casiña na cociña e así gañamos unha habitación e unha cociña moito mais grande que se converteu na espiña dorsal da casa. A partires do derrame da avóa esta estancia da casa colleu ainda mais importancia.

 Pola súa comodidade situamos un sofá-cama na cociña e a partires de entón, converteuse nunha cociña-comedor-sala de estar . E a sala de estar pouco a pouco foise convertendo nun sitio o que se ía só a limpar.

 O sofá na cociña veu para quedarse. E xa nos deron cómodo descanso, dende aquela, oitros tres.

 Eu era o pequeno da casa, e cando miña avóa deixaba libre o sofá, convertíame no lexítimo herdeiro del. Era o meu sitio de ver a tele e, unha vez aberto, era onde xogaba, onde facía os deberes da escola, etc.

 Os meus deberes da escola eternizábanse. Abría o sofá da cociña tan pronto como chegaba de xogar por fora. As 8 da tarde-noite, mais ou menos. Zapateaba os libros e cadernos polo sofá a diante e poñíame a facelos mentres escoitaba as conversas da casa e atendía o televisor. Claro, a dispersión era continua.

 A medida que fun crecendo en moitas ocasións era eu o derradeiro en deitarme. Poñíame a ver a tele e si había algunha película que me gustara, os exercicios quedaban sen facer ou o exame sen estudar.

 Non sei que idade tería, entre 12 e 14 anos bótolle eu. Coma tódolos días as oito abriría o sofá, sacaría o material da mochila e poñeríame a ver a "Oliver e Benji", botaríalle un ollo os libros e pouco despois cenaría. Retornaría os libros e nun despiste de meus pais collería o mando a distancia e poñeríame a tantear polos cinco canales e medio dos que dispúñamos neses anos... e, alí estaba, unha nave espacial polo espazo -esta ten que estar ben, pensaría.
O título "Alien, el octavo pasajero". E tanto que estivo ben.

 Foi unha das películas que mais me impactou de rapaz.

 De partida o espazo. Nesa época estaba fascinado pola ciencia ficción e polo espacio-cosmos-universo en particular . Esa nave, que non tiña nada que ver có que vira. Era fea, sen ningún interés por resultar aerodinámica. En fin, de partida xa me deixou pegado o asento recollendo toda a miña atención.

 Para o que nunca vira está película resumireina dicindo que vai duns transportistas que teñen uns problemiñas no camiño tras recoller a un autoestopista que se converte en polizonte con moi mala "baba", ou algo así ...

 Resultoume unha película absolutamente hipnótica, claustrofóbica, chea de tensión (de ir mexar varias veces mentras a veias). Durante case 40 minutos non pasa nada, pero sabes que algo vai pasar. Os persoaxes teñen entidade e personalidade propia. Esta chea de esceas míticas. E pasan continuamente cousas que non te esperas. A día de hoxe, falando con xente xove, parecelles unha película lenta e aburrida, supoño que o inicio e que están acostumados a videoxogos, películas e series moito mais extremas, insensibilízanos para apreciala na súa magnitude.

 Como decía, esta chea de esceas míticas... o espertar de crioxénese, a centola pegada a cara, a sangue ácida, a paridura da criatura...

 Pero vou destacar duas esceas que me resultaron perturbadoras no seu momento. A primeira e cando Ripley descubre que un dos compañeiros non é trigo limpo i este decide eliminala, e para elo, opta polo totalmente lóxico e tradicional método da asfixia cunha revista... unha das esceas mais psicopáticas e sin vir o caso que vin na miña vida e vindo de quen ven, un androide que se supón sen imaxinación nin fantasías enfermizas desa índole. Logo prodúcese unha loita, e case mata a oitro arrancándolle o corazón... a mellor criatura cibernética do cine. Qué asco dá cando o descalabran, por certo.

 A oitra é, coma non, o paseo en roupa interior de Sigourney Weaver.
 Non te esperas esa escea dela preparándose para ir para a cama, convertendo ao espectador nun voyeur da intimidade dunha rapaza que se desprende da roupa e baixo esta, leva unha roupa interior que che dá que pensar, non sabes se é prestada, si lle encolleu, si é roupa vella de usar coa regla... porque é indudable que é varias tallas mais pequena hasta mais pequena que os bañadores que usaba Pamela Anderson nos "vixilantes da praia"... si, cando a vin, indudablemente houbo "calambrillos en la chorra" (que diría wallyweek)... as bragas vense tan apretadas nela, que o mato groso* case parece paquete.

 Pasou o tempo, devinna de volver revisionar catro, cinco, que sei eu as veces... e ségueme gustando. Xa non me sorprende, non me encolle o corazón, nin me excita ver a Ripley en bragas... nin o resto da película, pero desfrutoa con veneración.


(*é do 1979, os massmedia non lle impuseran a depilación integral as mulleres... ou quizais, buscando realismo, coma ela estivo bastantes meses en crioxénese pensaron correctamente os guionistas, que ainda que o levara depilado, nese tempo volveríalle crecer...¿crece o pelo estando en crioxénese?¿sendo así, porqué non teñen todos meleas jipienses e barbas de jisters?...)


 Os deberes da escola daquel día, irían un día mais sen facer...
  O sofá segue na cociña cuberto por colchas horribles...
   Miña avóa... espero que esté no ceo...


 J.G.C.







Crítica e anécdotas:
http://cinemelodic.blogspot.com.es/2015/10/critica-alien-el-octavo-pasajero-1979_2.html
Rodaxe:
http://rodajesdepeliculas.blogspot.com.es/2015/03/el-rodaje-de-alien-el-octavo-pasajero.html
+ Críticas:
http://cinefantasticoycienciaficcion.com/alien-el-octavo-pasajero-1979-cor.html
http://www.fantasymundo.com/articulos/5150/alien_octavo_pasajero_ian_nathan

Fotos e carteis:
http://www.blogdecine.com/galeria/carteles-de-alien-el-octavo-pasajero/fin
http://www.sopitas.com/487184-galeria-las-peliculas-de-terror-detras-de-camaras/

 Fotos.
1- Cartel alternativo da película.
2-Foto antiga sacada a un animal e a un gato, nun mal momento. No primeiro sofá cama da cociña. Estilo acordeón cuberto por unha funda que atenta contra o bó gusto, ao igual da roupa do personajillo sobado cando tiña 16-17 anos.
Resto- Imaxes da rodaxe e capturas da película.

mércores, 23 de marzo de 2016

Só voar.



 Deixou de comer un día, así, polas boas.

 Eu levábame ben con él, pero facía tempo que os nosos camiños non se cruzaban. Cando mo contaron non me crein nada...unha faladuría mais.

 Vinno de alí a un tempo e non o recoñecín de primeiras. Xa non era aquel home fornido e rebosante de carnes. Falei con él un pouco. Era certo, non comía nada dende fai ¿3 meses? e seguía vivo... moi delgado pero vivo. Non lle apetecía comer e nada lle entraba. Estaban estudando o seu caso, varios investigadores e médicos. ¿Cómo empezou?, pregunteille. Nunca encaixou coa xente, sempre estaba só coas suas ensonacións. Un día, non tivo ganas de ir a tenda a mercar comida.Oitro non lle apeteceu preparar nada. O seguinte estaba traballando en algo e olvidouselle comer... e así ata agora.

 Non o volvín ver. Pero de cando en cando veo un brilo no ceo, e poda que sexa él.

Uns días despois todos na rúa falaban delo... polo visto o sair do hospital, de facer as infinitas probas a que se via sometido. Semplemente parouse no medio da praza e comezou a elevarse... non lle sairon azas, nin tiña que axitar os brazos, nin tivo que por unha capa... so se elevou, paseniñamente, sen decir nada, sen porse nervoso foi ascendendo... cara arriba, cara arriba, cara arriba, cada vez mais lonxe da terra... foise facendo pequeno ata que xa ninguén lle pudo dar alcance coa vista.

A noticia saiu na tele, non había explicación e tratouse na sección de sensacionalismo, como se fora algo que se inventaron uns rapaces, unha cousa feita por uns xubilados no campo...

 Pasado un tempo, todo o mundo olvidouse do tema, non lles custou, querían olvidarse do tema. Non pasou nin un ano e cando saco o tema míranme con desconfianza, ninguén quere falar delo, xa non creen que pasara, non creen que esa persoa existise.

 Eu pensei moito nel, na sua vida, no que lle pasara e como desapareceu... non teño explicación, non a hai. Sempre foi un home extraordinario, pero moi poucos o vimos así... creo que non nos pertencía e regresou o sitio do que nunca debeu sair. O ceo.


 J.G.C.



 Imaxe da praia das Catedrais (Lugo). Non coñezo o autor.

xoves, 17 de marzo de 2016

Sonrí: Eu invito.






 Anos atrás cando me metía en baños públicos ao acabar de miccionar, tomábame con pachorra o de abrochar a pitrina (encántame a candidez vulgar desta palabra) e adicaba un rato a leer as pintadas que decoraban as paredes e a porta destes urinarios.

 Alí dábanse grandes mostras do saber popular, reinvindicacións sociais que estaban na rúa, e o que a min me interesaba, as ocurrencias mais disparatadas de xente anónima.

 Cando ía de hospital a Santiago (unha aficción miña), o chegar e o irme adoitaba ter a necesidade de visitar estos lugares, para desbeber e procuraba que non foran o mesmo nas duas ocasións para ter mais oportunidades de encontrar a ocurrencia do día que me pintara un bo sorriso na cara. Si tiña algo con que escribir, incluso me apuntaba a fraseciña, rima ou chiste.

 Alí en Santigo, polas pintadas que alí había, tamén descubrín que en Galicia había gays ou homosexuais, por aquel tempo coñecidos por maricóns, buxarróns ou sodomitas polos mais finos. E que tamén había xente que se ofendía e molestaba con eles. Moitas das pintadas que alí había eran de señores ou rapaces que se sentían sos e reclamaban compaña doutros homes no cartel comunal que eran as paredes dos mexadeiros, o mesmo tempo que resaltaban o ben dotados que estaban ou as proezas Copperfilianas (polo mago que fixo desaparecer a estatua da libertade) do seu ano (creo que se di fecho en galego). A continuación deixaban o seu número de teléfono para quen quisera ir, acompañado por un notarío,  a comprobar as xestas destos homes; ou para quen lles quisera ir facer compaña, non o teño claro.

 Por enriba, polo lado ou por onde fora destas pintadas tan correctamente escritas nunha caligrafía perfectamente lexible. Estaban oitras nun trazo nervoso, violento ou jocoso, de oitros que visitaron ese baño e decidiron comentar o que pensaban da sua tendencía sexual, dunha forma un pouco ofensiva, diría eu. Polo xeral, nin eles nin sua familia saían moi ben librados nos comentarios a pé de contacto.

 A día de hoxe por culpa das novas tecnoloxías visitar os wc's públicos é un coñazo. As paredes están impolutas, as portas so teñen algunhas rabuñaduras e queimaduras dos que fumán as agachadas neles. Non hai mensaxes reinvindicativos, nin poesías, nin sección contactos e... tristemente, tampouco chistes nin gracias. Hasta que non nos fixamos nas mexadas dos señores que ese día non estaban acertados e, polo que fora, non conseguiron acertar dentro do vater e, coma qué deixaron un pouco humido o chan (non, ese día non chovera, non era auga que truxeran nos pes); xunto cos restos orgánicos pegados nas paredes da taza... ata que non nos fixamos nesto, case non temos a sensación de estar nuns baños públicos.

 Agora todo está na internete. As reinvindicacións, a poesía, os contactos e os chistes.

 Así, adicarei unha entrada deste blogue de badulake para as cousas que vaia vendo mentras navego e me fagan gracia, espero que a alguén mais lle fagan gracia.

Deixo a continuación uns exemplos do que me teño encontrado, ideado por xenios anónimos, por eses vateres de Dios.

- Tal fuerza tengo en mi rabo
 que en su magnífico lomo
 posarse podría un palomo
 dos avutardas y un pavo.
 (anónimo)

- ¿Por qué tras parto doloroso,
 damos tanto amor al hijo...
 y después de un cagar glorioso,
 nos importa la mierda un pijo?.
  (anónimo)

- (Frase anónima)  Mi mamá me dijo que no había monstruos, y así lo creía yo...  ¡hasta que vi la polla de mi abuelo!.

- (Esta viña firmada polo actor e cantautor Ovidi Montllor) Hay gente a quién no le gusta que se hable, se escriba o se piense en catalán. Esa suele ser la misma gente a quién no le gusta que se escriba, se hable o se piense.

-(Chiste)
 En una floristería: (Cliente) ¡Buenas!, desearía un ramo de "melametes".
  (Dependienta) ¿Melametes?...
 (Caballero) ¡Bueno!, si insiste.     Bajandose los pantalones.

- Diferencia entre Windows 95 y un virus?
   ...el virus es gratix.
 (crítica informatica con solera, anónima)

-LA ALDEA BONSAI. (1999)
   Si pudiesemos reducir la población de la Tierra a una aldea que tuviera exactamente 100 habitantes, manteniendo las proporciones existentes, estos serían los resultados.
 Habría 57 asiáticos, 21 europeos, 14 americanos y 8 africanos; 52 serían mujeres y 48 hombres; 70 no serían blancos y 30 sí; 70 serían cristianos y 30 no; habría 89 heterosexuales y 11 homosexuales; 6 personas poseerían el 59% de la riqueza de toda la aldea. Y los 6 serían norteamericanos. De las 100 personas, 80 vivirían en condiciones infrahumanas, 70 no leerían, 50 sufrirían malnutrición, 1 estería a punto de morir y 1 bebé a punto de nacer. Sólo 1 tendría educación universitaría. Y solo 1 tendría ordenador.
 (Estaba como anónimo, pero dame a min que esto ten autoría célebre. Tamén supoño que este día fun facer augas maiores).

- Cando as ganas de follar apretan...
 nin o cú dos mortos se respetan.
 (necro-anónimo-fílico )

 J.G.C.


luns, 7 de marzo de 2016

POR(no)CÓN(tos)


( O contido dos contos que veñen a continuación poden ferir a sensibilidade de algunhas persoas. Con esa intención os escribín. Se só lles fan sonreir dareime por satisfeito. Desculpen as molestias.)


   FONSO I EVITA.

 Fonso i Evita facía un tempo que saían xuntos.
Eran unha parella cándida, torpe e pouco agraciada.

 A Fonso, Evita caíalle moi ben. Tiñan gustos similares e gustáballes facer cousas similares. Pero a Fonso gustaríalle que Eva collera uns kilos, algúns dos que a él lle sobraban a poder ser. Eva non tiña peitos, non tiña cachas, casi non tiña beizos nin faccións...uns ollos, unha pequena nariz e unha endidura a modo de boca, era o que lle reflexaban os espellos nos que se miraba.

 No tempo que levaban xuntos, aparte de compartir confesións e lugares comúns, os momentos de intimidade reducíanse a moito bico, moito arrumaco e moito sobe...
...que acababan en duchas frías no caso de Eva e de  proxectís de seme no vater, no caso de Fonso.

 Finalmente non aguantaron mais e decidiron culminar o seu amor.

 Evita, espida, ainda estaba mais delgada. Por un momento Fonso, desconcentrouse e púsose a contar as costelas de Evita, a visión das murchas tetas rematadas por unhas oscurísimas e erectas mamilas, devolvérono a realidade.

 Un sexo absolutamente poboado de pelo excitárono e animárono a exploración, primeiro cos dedos mentres se bicaban e finalmente quiso saborear a vaxina coa súa propia boca. De beizos a beizos.

 Despois dun anaco retirando, lamendo, chuchando, con boa receptividade por parte de Evita... percatouse da sua torpeza e sorprendido por ese momento de lucidez no medio do desenfreo, deuselle por ollar o campo de batalla do que viña de bregar, agora, convertido nunha masa de lanuxe, babas, fluidos e papos arrodeando a raxa.

 Iluminóuselle a cara que se alargou nun amplo sorriso ao virlle esta idea á cabeza...

 "... e se sopro con forza!!?..."

...non, Evita desgraciadamente non era un globo.


   ALBA E ADRIÁN.

 Viaxe de fin de curso. A noite fora movida e Alba sabía que naquel cuarto do hotel estaría Adrián só.

 A porta non estaba pechada. O día empezaba a pelexar coa noite e o estaren abertas as persianas non lle fixo falta acender a luz.

 Pola ventá colábanse as primeiras luces do mencer que permitían ver perfectamente o corpo do rapaz sobre a cama, sen tapar e totalmente nu. Un corpo xove, atlético, case lampiño. Abandoado o sono.

 Algo fermoso debía estar soñando, fantaseando, ansiando e deseando... ou así o facía supoñer a enorme erección que tan a vista estaba. Era un imán para a vista, para o disfrute do ollar de Alba.

 Alba achegouse con prudencia ata notar rozando as suas pernas a roupa da cama anárquicamente revolta nunha amalgama amorfa que contrastaba coa beleza do mozo. Arrimouse á verga pola que pasou o dedo con suavidade mirando con alternancia as duas cabezas do rapaz para ver como reaccionaban, unha delas palpitou e, tranquila, decideu arrodillarse na cama.

 Sen saber moi ben que facer pero decidida a facer, sostuvo coas mans o membro enhiesto mentras acercaba a boca, húmida de desexo, o falo. Un forte aroma a suor e sexo fixoa deterse e excitarse mais liberandoa definitivamente de calquer traba que lle pudera quedar.

 Só levaba posta unha camiseta de tirantes e as bragas. Arrodillouse na cama deixando entre as suas pernas ó Adrián. Apartou lixeiramente a tira das braguiñas que cubría o seu sexo e foise sentando introducindo con coidado dentro dela a desexada polla de Adrián. O rapaz, perdido nos seus sonos, só fixo un pequeno movemento de cabeza coma de aprobación.

 Alba intensificou os movementos pélvicos apoiándose coas mans no peito do rapaz para ser capaz de aproveitar mellor o impulso, o roce, o pracer,...

 Notou unhas lixeiras sacudidas no rapaz, coma queréndose liberar dela... axitouse.

 Alba sinteu o interior da súa vaxina inundada por algo líquido e quente... demasiado quente, demasiado líquido, demasiado demasiado... non paraba.

 Apartouse apresuradamente... Adrián, sen control no seu sono, non pudo conter as gañas de mexar.

 Alba desexou que fose un sono.

  Non espertou, ela non...

- ...Hola Adri... bos días...


J.G.C.

Nota: Foto. Todo depende de como se mire...

venres, 4 de marzo de 2016

Tebeos.



 De neno era moi guapo e miña nai lucíame con orgullo, casi me obligaba a ir con ela os sitios, podía quedar na casa cá avóa que xa de neno era onde realmente me gustaba estar... pero, sabía que si ía com ela ós sitios... de compras, a misa os domingos, a dunha amiga, ... tería a miña recompensa en forma de xoguete... un clic de famóbil, un airgamboy, un cochiño,...; ou de tebeo... un mortadelo, un zipizape, un don miki,...

 Cómo me gustaría conservar todos os tebeos que tiven. Conservei so unha pequenísima parte de toda a colección que puden chegar a acumular.

 Perdéronse como se perden as cousas, en préstamos nunca devoltos, en utilizacións alternativas ( acabaron de protexe armarios, de envoltorio de cousas e incluso como papel de váter na etapa de convivencia cunha tía-avóa un tanto rutinaria e tradicionalista que non se adaptaba a suavidade da fibra de celulosa dos rollos de papel hixiénico), perdón polo paréntese, sigo, perderonse en limpezas de xanxoán e, sobre todo, pola idea equivocada cando te vas facendo adulto de tirar có que che acompañou na nenez para demostrarte a ti mesmo a túa madurez.

 Mortadelo e Filemón, Pepe Gotera e Otilio, Botones Sacarino, Tete cohete, 13 rue del Percebe, a familia Trapisonda, Rompetechos,...de Ibáñez.
 Anacleto, a familia Churumbel, Angelito logo Gu-Gú, as irmáms Gilda, a familia Cebolleta,os casos do inspector O'Jal,... de Vázquez.
 Zipi e Zape, Petra criada para todo, Carpanta, Toby,... de Escobar.
Benito Boniato, Ornelo,... dos irmáns Fresno.
 Cinco amiguetes, Segis e Olivio, Piluca, Obseso Pisafondo, Don Pyme,... de Jauma Rovira.
Pulgarcito, Superlópez, os últimos de Villapiñas, Cab Halloloco,... de Jan.
 A Panda, Pepe Barrena, Rigoberto Picaporte, os  Muchamarchas,... de Segura.
Profesor Tragacanto, doctor Cataplasma, dona Urraca, Deliranta Rococó, Insegurini, Rasputín,... de Martz Schmidt.
 Hugh o troglodita, Roquita, Facundo,... de Gosse.
Anibal, Angustio Vidal,... de Rojas.
 Gordito Relleno, Pepe el hincha,... de Peñarroya.
"Robin robot" de Sanchís, "Kala-Bacín de Damasco" de Carrillo, "Yusuf" de Osete, "Super 3" de de la Fuente, "Guillermito e o seu voraz apetito" ,"Pepe Trola", "Topolino" Figueras, "Abuelita Paz", "Ambrosio Carabino", ... ... ... ... ... ... todos eles forman parte da miña vida.

 A día de hoxe, nás revisións que fago dos meus e do que encontro por interné ( a piratería é caca, pero hai cousas inencontrables a non ser por interné), hai moitos que me deixaron de gustar, que non os nombrarei. Oitros que me gustaban e me seguen gustando..."Pulgarcito" de Jan, "Trotamundos" de Íñigo, "os cinco amiguetes" de Rovira, "Rompetechos" de Ibáñez,... pola ternura que desprenden.
E por último, os que de neno nin os leia, con especial mención para as páxinas de Nicolás, "a Gorda das Galaxias" e "Don Marino e o seu submarino" as historias naif que facía e o colorido da suas viñetas molestábanme especialmente, agora creoas dignas de enmarcar e colgar na parede de calquer museo.
 As historias mais adultas, con debuxos de axencia extranxeira mais cerca do realismo que da caricatura, tampouco me gustaban, non os entendía e tiñan demasiada letra...como os tebeos de Vázquez que non me gustou ata que tiven acceso as historias guarras do "Makoki", e me reconciliei con él.

 Así o tebeo, comic,historietas, liña diseñada, tira cómica, fumetto,... acompañoume toda a vida.
 Pasei polo comic franco-belga, boa parte dos recreos de 7º de EXB paseinos lendo Tintíns e Astérix gracias a don Andrés, que decideu castigarnos sen recreo ata que supéramos a teoría de matemáticas. Sempre me dou unha terrible pereza estudar así que collía os tebeos na biblioteca e metíao dentro do libro de matemáticas de Santillana i este colocabao apoiado entre o meu regazo e a mesa... o profesor cansouse antes que os catro que alí estabamos sempre, de quedarse sen recreos. Nesas lin case ó completo, a colección da biblioteca destes tebeos.
 E mais franco-belga ..."Blueberry","Valerian e Laureline", "Blake e Mortimer",...O mesmo tempo pasei as revistas tipo "Totem", "Cimoc",... A continuación ven "el jueves", e revistas underground tipo "el víbora", "Makoki",...
De forma tardía vin que os americanos tamén facían bos comics, eu relacionabaos cos tebeos de superherois, os que de neno lles puxen a cruz xa que tiñan demasiada letra e non me enteraba de nada, porque no fondo son un folletín con tios vestidos de forma rara e ridícula... dende os undergrounds Robert Crumb, Peter Bagge, etc,... atrevinme a botarlle un ollo a oitras cousas e ,así, descubrín a Frank Miller ("Sin city", "Ronin", "300",...), "Watchmen", "Black kiss", etc.

 Agora paso por unha etapa de comic mais intimista, podíamolo decir así... ultimamente gustáronme cousas como "Groenlandia-Manhattan"(Cruchaudet, narra o drama dun esquimal apartado de neno do seu mundo e que acaba totalmente alieado), "El angelus" (Giroud-Homs. Bonita historia da conversión dun home na sua madurez encontrándose a si mesmo), "El azul es un color cálido"(Maroh,... o debuxo é rejulero a historia de amor que narra no), "Persépolis"(Satrapi. Biografía da autora contada con humor e moi didáctica), "Fresa y chocolate"(Aurelia Aurita, narra a sua relación con oitro autor de comic), "Amistad estrecha" e "Los melones de la ira" (Vives),"Pyongyang"(Delisle. Visión con humor da sua etapa traballando en Corea do Norte),  as cousas de Frederic Boilet,...

 A día de hoxe nun par de páxinas, sei se un cómic me gustará ou non.

O meu gusto pola lectura débollo ós tebeos e, coma non, a meus pais.

 A miña familia é de orixe modesta e de escasos estudos, pero sempre recordo pola casa libros, contos, tebeos e, sobretodo novelas de bolsillo, aquelas novelas de vaqueros e tiros que publicaba a editorial Bruguera escritos por Silver Kane (Fco. Glz. Ledesma), Marcial Lafuente Estefanía,...
 Crecín lendo e reforzando a imaxinación grazas a meus pais*.

 *Ver a entrada "Eles".
 O de conservar cousas da nenez en realidade non me parece tan boa idea como digo, un recordo supera milleiros de veces a un puto obxeto ou traste que si ou si acabará na basura. Agarrarse a obxetos, para conservar momentos felices, frea a progresión dun coma persoa. Falo dende a experiencia.

   J.G.C.








 


martes, 1 de marzo de 2016

Hoxe.



 Hoxe espertei cheo de enerxía.

 Tan pronto fun consciente de min levanteime dun chimpo da cama.
 Recordei o que soñara despois de moito tempo, non sei se sin soñar ou sen recordar. Soñei cos meus que xa non están ...con tio Gelo, miñas avoas, tio Tito, con meu amigo Ovi, miña amiga Elsa e a miña madriña,... estiven un rato con eles no ceo, estaban ben, felices, plenos...gustoulles que os visitara, pedíronme que o fixera mais a menudo...dende logo, así o farei.

 Tiven ganas de facer exercicio, machaqueime durante media hora, ducheime e almorcei coma nunca na compaña de meus pais que hoxe encontrábanse xenial. Miña nai sen dores e meu pai ata decideu deixar de fumar.

 Facía tempo que quería ir a piscina e asi o fixen, foi estupendo. Nadei case unha hora a ritmo lento pero continuo, non me cansei nin tiven avisos de taquicardia. Coñecín a un par de persoas, xa amigos, cos que logo fun tomar algo. Falamos de todo con moi bo humor e con respeto.

 Logo fun comer cunha amiga a que lle debía un xantar...vinna xenial, está relucinte, non queda nada daquela persoa apesadumbrada... sexa o que sexa o que lle pasou fíxome moi feliz vela así.

 Aprobeitei a tarde para ir dar un paseo, entablei conversa con unha rapaza que paseaba un pequeno cadelo pola praia. Caémonos ben. Intercambiámonos os teléfonos.

 Pola tarde na escola, aprendín moito e paseino fenomenal...síntome totalmente preparado para ir facer as prácticas en canto acabe o curso.
 O sair da escola a rapaza do can invitoume a tomar algo. É unha persoa xenial. Quedamos en volver vernos mañá.

 O chegar a casa tódolos canles de televisión estaban dando a mesma noticia, definitivamente uns rapaces de non sei qué universidade conseguiran a cura para o cancro. Quixen seguir a noticia con atención, pero o sono venceume.


 Fai días que quería escribir algo positivo e con humor...o humor non o logrei.
Agora, espero ter un día de verdade así, sen recurrir a imaxinación.


   J.G.C.





Foto sacada de aquí:
http://www.catalunyaplants.com/el-nenufar-la-planta-acuatica-mas-popular/