xoves, 30 de xuño de 2016

Días de verán pasados, que non vividos.




 Facía unha semán que non pisaba a rúa, afacíame a estar de pé baixo a luz mañaneira do sol...todo ía ben, ía poder conducir ata Santiago.

 Sacando o coche fixeime nunha muller que se acercaba e invadía os quefaceres da xente na súa cotidianía.

 Xa montado nel acercouse a min, díxome hola señor e que si lle podía dar algo para a operación dun neno, amosándome unha fotocopia dun folío cun texto que non lín, coa foto en branco e negro dun rapaz entubado e arrodeado de máquinas que controlaban os seus signos vitais. Tiña presa e atufaba a timo.
Asi llo dixen...esto non será un timo de esos miserables que usan a suposta enfermidade de nenos para sacar pasta.

 Díxome que non entendía galego. Era morena de trintaepoucos, pero aparentaba mais por a roupa dunha liña xa pasada de moda e por o curtido da pel de vivir ante os elementos, apenas se lle notaba o acento rumano, tal vez?.
  Ó falar, chamaban a atención dous brilantes dentes de ouro.

 Intentín facerme entender, e díxenllo en castelán, creo que xa me entendeu na primeira vez pero sacaba tempo para explicarme que todo era verdade e que lle dera o que pudera.
 Si tivera tempo e estivera xoguetón, empezaríalle a preguntar polo rapaz, cómo se chanaba... que qué tiña...en dónde estaba...por qué a seguridade social non se facía cargo da operación...se non había oitra forma menos humillante de conseguir cartos...

 En fin, só lle dixén que non me fiaba moito pero esperaba que verdadeiramente non fora un timo e que o rapaz se recuperara, mentras buscaba nos bolsillos dos pantalóns onde toquei unha moeda de 50 céntimos que me parecía excesiba para unha tomadura de pelo, pero miserables para a axuda da curación dunha vida humán...deillos, a sensación foi que se gastarían en calquer cousa menos en gastos de hospital.

 A muller quedou un pouco desorientada, no fondo víaselle que non tivera unha vida fácil, e os cartos posiblemente foran para seguir tirando pa'diante...

 Así o espero... no fondo sego confiando na xente...

non moito ...

...cada vez menos.


J.G.C.








martes, 21 de xuño de 2016

¡¡¡ Votádeme, escoria !!!.



 Oitra vez imos ter eleccións xerais e coma sempre sinto que todos os partidos tentan enganarme, estanme vendendo a burra... ningún me di a verdade, maréanme con tecnicismos que non significan nada, prométenme arreglar problemas que eu non teño e que creo que nin existen, ameázanme có xuizo final se voto a según que partido i este partido promete o imposible...
Gustaríame que houbera un partido que tivera collóns e dixera a verdade, sen marear a perdiz.

Directo. Algo así:
Nos non imos prometer nada porque non sabemos os cartos que nos imos encontrar na caixa, non imos resolver o paro porque a industria deste pais é o ladrillo e o turismo e todos sabemos que hai milleiros de casa sen vender e o turismo dá para o que dá. Non podemos prometer baixar impostos porque temos moitas débedas que pagar en europa, e si prometemos algo así logo nos cortan o grifo ou nos ameazan con puteos coma os de Grecia. Así que agora imos decirvos as 3 cousas que creo que podemos facer e nos diferenciaran dos demais e imos explicar cómo as imos facer... E ahí explicarían con detalle esas tres cousas, sinxelas pero que mellorarían a nosa vida un pouco ainda que fose...


Votaría a ese partido ou tamén me valería un que prometese axudas e subvencións para a contrata de sicariós que perforaran con certa dor, usando un destornillador, un sacacorchos, un garfo de postre, etc, os tímpanos dos sociópatas en versión maquinetos, chunda-chundas, canis... os torturadores da vía pública que nos rodean e se empeñan en que coñezamos, ós que estamos nun radio a 3 km deles, as excelencias do rejetón ou dos dilleis de moda que tanto lles gustan.

 Alguén me dirá que iso sería un pouco radical, que con unha mellor educación en valores sociais e un endurecimento nas sancións por contaminación acústica ese problema acabaríase... estou en parte de acordo, pero polo meu método ese problema resolveríase nunha lexislatura e da oitra forma pasarán varios centos de reformas e contrareformas educativas ata que algunha funcionara...
e os danos corporales que sufriría esta subespecie humana, creo que serían merecidos e a sordeira neles só é cuestión de tempo, o meu metodo aceleraría ese proceso, có cal estaríamolle facendo un favor porque a idades mais xoves é mais fácil habituarse as minusvalías.

 En resume, non existe nin por aproximación ningún partido nin propoasta que se asemelle o que aquí conto. Non me sinto representado por ningunha candidatura.

 Voltarei votar en branco.

PD: ¿ por qué non hai canis distos que leven a todo trapo "Rigoletto", "a frauta máxica", "o barbeiro de Sevilla"... sería igual de desagradable, pero un puntazo...?


    J.G.C.