sábado, 27 de xaneiro de 2018

A familia Ninja. Die Antwoord.



A culpa é de David Broncano, Quequé e Ignatius.

 Gústame o programa satírico deles "la vida moderna" da cadea Ser, nel teñen unha minisección chamada "lo rural" e a música de cabezeira antes de que Pedro Lucha desde Orcera, empece a falar dos seus quefaceres e dirversións na aldea doume a coñecer a esta parodia de grupo de Hip-hop.

 "Baby's on fire" parecíame unha aberración en forma de música destas que tanto gustan os milenials e que acostuma a sair do habitáculo do seu vehículo a un volumen que, nos transeuntes de a pé, adoita acabar nun paseo ata o botiquín na busqueda de algún fármaco que free a galopante dor de cabeza que xenerosamente van repartindo os futuros, sen moito tardar, propietarios dun whisper xl, ou o audifono que a GAES lle reconmende para a súa incapacidade (que xa será, polo menos, a segunda).

 A canción esa, ten un aljo... pégaseche na zona cerebral reservada os detritus dos que gozamos, unhas veces na intimidade e oitras sen complexos...publicamente.

 Así, despertouse a miña curiosidade e acabei en yutube tecleando <beibis on faiar>... Flipei de puro desconcerto...

 O videoclip, vese que esta feito por alguén que sabe o que fai, incluso talentoso. Os persoaxes son unha deconstrucción de malotes jijoperos, convertidos por exaxeración en friquis extravagantes que rozan o extraterrestrismo. Irreal... unha idealización do cutre que... sí, Mola.

 O que via non podía ser en serio. Necesitaba mais información.

O grupo chámase Die Antwoord son sudafricanos, e musicalmente englóbanse no electro rap-rave e forman parte dun movimento cultural chamado Zef, esto, según a juiquipedia.

 Os compoñentes que conforman o grupo son os raperos Watkin Tudor James alias "Ninja", Anri du Toit alias "Yo-Landi Vi$$er" e o dillei Justin de Nobrega alias "DJ Hi-Tek".
  Ninja e Yolandi son parella e teñen unha filla en común que sae en varios videos deles chamada Sixteen Jones.

 Todos eles foron dando tumbos musicales hasta que deron coa tecla do éxito, Die Antwoord. Uns videos potentes con estética chamativa e provocadora. Humor e parodia do mundo que mamaron ata que decidiron deixar de tomarse en serio, e facer unhas risas. Pero todo de forma profesional e coidada.

  Está é a miña recomendación de hoxe. Os expertos en este tipo de música que perdoen a miña incultura e o mal uso no que posiblemente caera, da terminoloxía e palabros do mundillo.

https://www.youtube.com/watch?v=HcXNPI-IPPM

Baby's on Fire.

https://www.youtube.com/watch?v=cegdR0GiJl4

Enter the Ninja.

https://www.youtube.com/watch?v=XXlZfc1TrD0

Banana Brain.

https://www.youtube.com/watch?v=uMK0prafzw0

Ugly Boy.

https://www.youtube.com/watch?v=AIXUgtNC4Kc

Fatty Boom Boom.

https://www.youtube.com/watch?v=8Uee_mcxvrw

I fink U freeky.


 Apunte persoal: Cando vin o tal Ninja por primeira vez non puden mais que acordarme dun habitual do cine dos Coen, Sam McMurray. Faccios parecidas e a mesma capacidade para o histrionismo.
                                   (Sam McMurray nunha foto random do jujel)


       J.G.C.

PD: Foto familiar sacada do jujel, ainda non encontrei quen é o autor.




martes, 9 de xaneiro de 2018

Himno e bandeira.


 Frio, vento e choiva

o himno do inverno.

Abaixo, a bandeira.


 Botemos a man ó corazón

e sintamos esta patria común a todos.


       J.G.C.