martes, 15 de novembro de 2016

Asepsia.



 Era unha persoa vital
...era un librepensador.


Pero a amargura enraiza e convertese en metástase.


Enlíxate

Fai o ridículo

Sumerxete en vida

Escapa...

e o momento de quererte.



     J.G.C.


venres, 11 de novembro de 2016

Xogos e xoguetes 2. José o das bolsas.



 Hoxe vou a contaros un segredo, non sei se me coñecedes, os que sí supoño que xa o sospeitábades, os demais ídelo a saber agora.
 Sí, vouvolo a confirmar definitivamente, pero non me sinaledes nin me apedreedes si me vedes pola rúa, e unha tara coa que nacín e non podo facer nada contra elo.

...en fin, respiro profundamente, aguanto o aire, e soltoo paseniñamente... ahí vou...

 "Eu" son...

...un alpabarda... tamén chamado: un palerma, unha prea, un imbécil... o que en castelán diríamos... un puto "jelipollas".

 Tratei de desemular, loitei contra elo, incluso conseguín épocas nas que me mantiven limpo de jilipolladas. Pero é a miña natureza e xa desde moi xove din síntomas delo, pero con 5-6 anos púsose de manifesto de forma  descarada e sin ningún xénero de dúbidas.

 Esta é a historia.

 Crieime en Aguiño, no que entón era o distrito de Listres e crieime nunha rúa na que coincidía en nome con oitros dous rapaces de idade similar... o maior, levábame tres anos, o mais espelido, o "guai" do grupo era Jóse sen til no "o".
 O do medio, era un rapaz o que lle gustaba xogar a ser adulto, gustáballe estar cerca das obras, de onde había un tractor limpando un pozo negro, un home cortando batume, un vaqueiro levando a pastar as vacas... alí estaba él, José, na sua forma seria e formal, que me sacaba un ano.
 E finalmente o mais xove, inxenuo, infantil que era eu, era coñecido por Josito... (ahora que o penso, típico nome de gilipollas...)

 O do nome non ten moita importancia para o que estou contando, pero apetecíame contala. Sigo.

 De rapaz tiña bastantes xoguetes, non porque tivera un suministro continuo deles, non...caíanme nas datas típicas. Cumpreanos, reis magos e cando ía a médicos. Pero era un conservacionista, non da natureza, senon dos meus xoguetes, tratabaos con coidado e delicadeza e por acumulación con 5-6 anos tiña unha boa cantidade deles.

 Por comodidade gardabaos en bolsas de plástico, na época eran comúns aqueles tambores de deterxente colocón, pero a min non me gustaban. Erán demasiado aparatosos e moi difícil limpalos ben para que non quedaran restos de deterxente, que deixaba os xoguetes pegañentos.

 A nosa casa era pequena e gardaba as bolsas dos xoguetes na "casiña"(cobertizo) e no garaxe, e polo meu trafego de bolsas da casiña para a casa, e da casa para a casiña, as mais lerchas do lugar empezáronme a chamar "José o das bolsas" (có tempo, pasei a ser "José o dos libros", pero esa é oitra historia).

 Nun destos trafegos foi cando sucedeu unha das historias mais patéticas na vida deste jilipoxas.

 Non sei se o recordaredes, pero cando eu era rapaz, non había contedores do lixo pero si servicio de recollida, e pola mañá cedo un camión con varios operarios montados atrás ían recollendo as bolsas de lixo que cada veciño puña na porta da súa casa.

 Ese mañá, apetecérame xogar cos cochiños de xoguete que estaban na súa bolsa no garaxe. Tiña unha boa colección, a bolsa empezaba a pesar o seu e os coches de metal perdían pintura polo roce duns contra oitros, os meus favoritos deixabaos arriba de todo ou metidos na caixiña de plástico na que viñan. A maioría eran escala 1/64 desos que se lle abrían as portas, cousa que os fabricantes xa non poden facer pois polo visto ós nenos de agora, dáselle por tragar e asfixiarse con ditas portas, nos metíamos ceras no nariz pero por tragar portas non se nos daba.
 Sí, era unha boa colección de marcas variadas Guisval, Mira, Majorette, matchbox... e con últimos modelos de aqueles anos... o R-12, o Talbot Horizont, o Peugeot 504, Ford Granada... como disfrutaba e cantos problemas de contaminación se arreglarían se os coches funcionaran como aqueles... unha man xigante que os empurrase.

 Ahí ía eu todo feliz de camiño á casa, ainda en pixama coas primeiras luces do  mencer, os paxariños piando...

...pero un rebumbio ainda lonxán chama a miña atención, asómome a beirarúa e veo subindo o camión do lixo, cos operarios recollendo casa por casa, bolsa por bolsa os desperdicios xenerados o día anterior polos aguiñenses, e acompañandoos vai José, o José número 2 do que falei antes. Vai falando con eles e axudándolles a recoller as bolsas e tirandoas o interior do camión.
 O acercarse, únome a eles e adícome a recoller bolsas da basura o tramo que son capaz de seguir o seu paso, coma moito catro casas... cóa satisfación do deber cumprido volto os meus quefaceres de neno.

 Dentro da casa, recordo que o motivo polo que saira era coller a bolsa dos cochiños, pero chego o garaxe e nona atopo..."estará na casiña" penso.
 Busco e rebusco e non está en ningún lado. Quizais a deixín dentro da casa, pero por mais que busco nona atopo.
 Empézome a por nervioso, e a crer que hai gato encerrado... "aljén me ajachou os cochiños", cabreado pregúntolle a miña nai e a miña irmá ...parecen sinceiras na súa perplexidade ante as miñas acusacións.
 Rebusco e rebusco onde xa buscara, busco tamén no faiado, na da madriña... sen resultados.

 De repente recordoo... a bolsa dos coches estaba no garaxe, collinna, dirixinme cara a casa con eles e...

... o camión do lixo... ¡¡¡Tirei a bolsa dos cochiños o camión do lixo!!!.

 Eu chorando, e todos os da casa ríndose cando llo contei... eu quería solucións, que me levaran a Curota onde queimaban o lixo por aquela época a buscalos, ou detrás dos camións... algo, algunha solución... e ríanse...

...rianse dun Gilipollas.

Por primeira vez tiven ese sentimento de pérdida, esa sensación de que non todo é para toda a vida... as cousas pérdense, desaparecen da túa vida... por moito que as queiras e as coides.

 A seguinte vez que este jillipollas se luceu, foi pouco tempo despois... un día que clavei unha grapa nun dedo... ¡Fodás, a que montei ese día!...

 Pero por hoxe, basta de confesións.

Ou non, confeso que despois daquilo volteime algo paranoico... e cando ía a de algún amigo, pariente, coñecido, amigo de amigo, etc... axexaba na súa colección de xoguetes por si alí via os cochiños que foran meus. Cousas de alpabardas.




 Proximamente:  "Xogos e xoguetes 3. Paracaidistas."



                  J.G.C.



 






mércores, 9 de novembro de 2016

Un aljo.


 Sentir...
    Vivir...
tamén produce maniotas.














Os días e as noites sucédense...
días e noites 
A vida da paso a morte e da morte nace vida
días e noites
pasamos pola vida e sentímola
días e noites
días e noites que xa pasaron, que son recordo
e unha foto sacada con un móbil, deixa constancia
dos
días e das noites
...


 1-  Traxecto A Pobra Ribeira no medio dun temporal.(Non conducia eu)
  2- Foto torta nun día curioso e irrepetible no Vilar.
   3- Paseo de Coroso.
 4- Faro de Corrubedo. Atopei 2 euros e unha culebriña.
  5- Aguiño. De novo con forzas para montar en bici.
   6- Camping Coroso...ese día pillei a gripe.
 7- Polo Vilar, so.
  8- Paloma... matouna un gato.
  9- Vixán. Observatorio sen porta. ¿Qué farían con ela?.
   10- ...


       J.G.C.




luns, 7 de novembro de 2016

Xogos e xoguetes 1. Corazón de Xesús.


 É curioso como o paso do tempo vai borrando da memoria a infancia de un...
os xogos, os amigos, as aventuras... os sentimentos e a persoa feliz e chea de esperanzas que un foi, vai desaparecendo entre as brumas dos anos pasados e novos recordos e experiencias que lle van roubando espazo e importancia o ser mais puro que nos constituéu, o "nós" neno.

 Gustaríame deixar constancia dalgúns destos recordos de infancia antes de que se perdan definitivamente, xa tendo a seguridade, que estos recordos estarán corruptos pola memoria adulta...


 Recordo a capacidade para convertir obxetos e cousas comúns en autenticos tesouros ou escearios para a aventura.


 Cando miña nai me mandaba ir a tenda e me sacaba da ensonación de aventuras nas que me inmerxía mentras xogaba cos plaimobils e airgambois, a desgaña e o disgusto non me devolvían de todo o mundo real e recordo ir andando pola rúa convertido no protagonista dunha especie de "spin-off" das historias que os macaquetes un rato antes representaban.
  Así, a lista da compra convertíanse en materiais indispensabeis para a supervivencia do Universo e eu, o voluntario forzoso a esta misión suicida.
 As aceras convertíanse, no meu maxín, nos tellados de edificios dunha altura infinita e dunha estructura totalmente inestable xa que os constructores foran unha extinta civilización de xigantes. A única forma de cruzalos era pisar dentro das baldosas sen pisar nos regos de separación entre baldosa e baldosa...pisar só no blanco do paso de cebra... e coller os productos do supermercado sen mirar para os ollos, nin falar con ninguén... en caso de saltarse algunha destas normas despertaría a uns vixiantes infernais que aquela antiga civilización deixara para protexer o seu legado.

 Tamén recordo os cofres de tesouros que me construira a base de pedras brilantes, cunchas, botóns e pezas de dentes de leite que extranamente o rato Pérez, non tiña a ben levar para a sua colección cando as metía baixo a almofada, pero sí nos deixaba algunha chuchería ou premio (especulaba e discutía cos meus pais a razón de este desprecio dental, si fora por estar demasiado podre o dente e que os tiña que labar mellor, que ese día ía moi cargado de dentes e non tiña espazo para mais,... logo supén que, simplemente, os nosos proxenitores na escuridade non deran co dente por mais que rebuscaban con coidado baixo a almofada ).


 Tamén tiña unha caixa de ouro repleta de billetes, miles e miles de dólares... millóns e millóns de marcos, yens, francos,coroas e ata liras... as pesetas non tiñan o glamour suficiente para o "eu" neno.
 A caixa de ouro era en realidade unha caixa de cartón que servira de envalaxe a unha botella de cava dunha coñecida marca catalana da que non quero decir o nome, pero digamos que empeza en freixe e acaba en net...
 E o papel moeda, non era de curso oficial nin de ningún tipo de curso, nunca se matriculou en ningunha escola... eran follas soltas de tacos de almanaques Corazón de Xesús, que miña (fada) madriña me daba o acabar o ano e que eu, nun traballo laborioso que seguro disfrazaba de algunha aventura que agora non recordo, ía separando folla a folla da goma que os mantiña unidos xa que miña madriña non arrancaba os días, só os pasaba aguantando o día cunha goma.
 Tamén recordo que os festivos neses calendarios, viñán ilustrados co debuxo do santo de turno ó igual que os domingos, e eu por respeto ou superstición non incluía estes días no meu botín, só os que tiñan número grandote. Eses días santos botavaos o sitio respetuoso que se merecían... botavaos a basura...
 Ano a ano, acumulei un autentico botín... nunca na miña vida voltín a ter tantos cartos, tantas riquezas... nin tantas esperanzas...



Proximamente: "Xogos e xoguetes 2. José o das bolsas."

        J.G.C.



Foto sacada de un vendedor de: todocoleccion.net
   http://www.todocoleccion.net/calendarios-antiguos/taco-calendario-corazon-jesus-2011-completo-sin-estrenar-anecdotas-chistes-charadas~x39801702