xoves, 28 de xullo de 2016

Por Pericos e Vilar. Só fotos de moita pedra.



 Recorrendo sendeiros e gruteando por lugares disfrutados na nenez.

 Paseando por unha praia sen nada especial no meu pasado a que lle empezo a coller o gusto no meu presente.




































     J.G.C.

luns, 25 de xullo de 2016

Vello os 39.



 As veces recoñeceste, ti ou un estado de ánimo a través da lectura...

 "...se va apoderando de él un humor gris. No es solo que no sepa qué hacer consigo mismo[...] sacudido hasta lo más profundo de su ser. El temblor, la flojera son únicamente los primeros signos[...]. Tiene la sensación de que, en su interior, algún órgano vital ha sufrido una magulladura, un abuso.[...] Por vez primera prueba a qué sabe el hecho de ser un viejo, estar cansado hasta los huesos, no tener esperanzas, carecer de deseos, ser indiferente al futuro. Medio derrumbado sobre una silla[...], entiende que su interés por el mundo se le escapa gota a gota. Tal vez sean precisas semanas, tal vez meses, hasta que se desangre y se quede seco del todo, pero no le cabe duda de que se desangra. Cuando haya terminado será como el despojo de una mosca prendido en una telaraña, quebradizo al tacto, más ligero que una cascarilla de arroz, listo para salir volando con un soplo de aire.
..."

Extracto do libro "Desgracia" de J.M. Coetzee.

Últimamente estiven lendo cousas sobre a depresión espiritual ou noóxena e, en estas caeume este texto no medio desta novela.

http://m.innatia.com/c-salir-de-la-depresion/a-depresion-noogena.html#depresion-espiritual-o-noogena

...

    J.G.C.




xoves, 21 de xullo de 2016

Fotos de feisbuc con luada.



 Ata fai nada, era dos que torturaban coas miñas fotos "paisajísticas", con mais ou menos gusto, as miñas amizades da rede social Feisbuc.

 Sí, era dese tipo de persoas aburridas, con vidas aburridas e que sacaba fotos aburridas das cousas aburridas que facía na miña vida... e logo, con ese punto sádico que temos os aburridos, subías a rede social con ganas de torturar a esa masa de aburridos que pobla o feisbuc...

 Tranquilo, ti que me estas lendo non entras no grupo de persoas o que me estou referindo, estas dentro dese 10% que poñen cousas interesantes, amenas ou de labor social. (Ou non, en realidade non che coñezo, pero que chegaras lendo ata aquí xa che fai unha persoa singular... ¡por certo, gracias por lerme!).

 Debo decir na miña defensa que as fotos que subía, ainda que anodinas, non eran exhibicionistas do tipo "eu" comendo no restaurante de moda, "eu" ajabeando un monte, "eu" de festa rodeado dos meus mais mellores amijos, "eu" coméndolle os morros a amija-mosa de turno, "eu" rozando, "eu"..., "eu"..., "eu"...
en fin... o triste é que nunca o fixen por que son tan aburrido que nin eso fajo, senón nin de eso me podería estar defendendo.

 O tema é que este fin de semana, facendo limpeza, encontreime a miña cámara dixital do tipo "apunta e dispara", sen modos manuais e cunha apertura que deixa bastante que desear (para os entendidos 1: 3.2 - 5.8), pero bastante mellor que a do móvil. Recargueina e entroume a tentación de sacarlle fotos a todo e logo compartir o meu "arte" cos amigos do feisbuc.
 Pero tiven unha revelación...¿ PARA QUÉ...?. Non tiven unha resposta clara.
¿Moito tempo libre?,
¿un intento de reafirmación vital?,
 ¿simple egocentrismo?,
...

 Pois a todo isto, decedín de deixar de compartir cousas sen interés polo feisbuc pero, como me gusta quitar fotos e lojo poñelas en aljún sitio, xa que teño un blojj, pois usareino tamén para poñer fotos aburridas, aparte de escribir textos aburridos.

 Aquí o positivo que ten, aparte de que é menos accesible, é que non hai a opción de darlle a "me justa", "compartir",... que é un pouco de chantaje emocional.

 Rematando, pídolle PERDÓN os amigos do feisbuc que abriron un día a súa páxina, viron un álbum de fotos do Jarabato, dixeronse " a ver que cousas interesantes pon por aquí o amijo jarabato", e acabaron cajándose nos meus antepasados por facerlle perder un anaco da súa axetreada vida... e algúns, que son uns santos, ata lle deron a "me justa"... todos, tedes o ceo gañado.

 E agora, por aquí abaixo poñerei as fotos da lúa chea que saquei pola praia do Castro-Rebeira-Catía en Aguiño, a min entretenme sacalas... e ponme cachondo poñelas en algún lugar público... ese é o resumo a todo isto.

 A min, válenme...














    J.G.C.




venres, 1 de xullo de 2016

...o perigo das bizcas pizpiretas.




 Estar indisposto no verán sempre é unha fodenda pero coa práctica un aprende trucos para non pensar no que se perde e disfrutar da reclusión.

 Ultimamente adícome a disfrutar lecturas de vellos coñecidos que por repetitivos no seu estilo sabes que os desfrutarás...estos son Conan Doyle, Lorenzo Silva, Andrea Camilleri... historias fluidas e ben narradas con protagonistas que se adican a pillar a malos sempre escurridizos.

 Logo, teño días nos que encadeo tres e catro películas que xa vin, a poder ser lixeiras e sen moito tiro...pero non sempre acerto. Onte despúxenme a ver o que para min era unha comedia máxica e lixeira no meu recordo e resultoume unha película tristísima, chea de persoaxes miserables, hipócritas e desgrazados...estou falando de "el bosque animado" a de Jose Luis Cuerda con Alfredo Landa, Alejandra Greppi... que me encantou, pero non tiña nada que ver coa que eu tiña construida na miña cabeza.

 Para non acabar con dor de cabeza, por aguantar as bágoas, nun momento moi triste da película. Sí, os homes facemos iso, ainda que estemos sós, preferimos reventar antes que mostrar que somos sensibles. Pois, para alixeirarme busquei na duvedeteca particular, unha historia que con seguranza me devolvera o sonriso...a elixida foi "Mi juego favorito".

 "Mi juego favorito" e unha comedia de enredo en aparencia lixeira e sen dobres lecturas pero que oculta mais do que parece. Sen exaxerar vinna coma sete veces, xa non me sorprenden os gags que os ten de todo tipo, físicos, verbais, animais... pero desfrutoa, sí, vaia se a desfruto.

 A historia é predecible e o director, Howard Hawks, non se corta en repetir esceas que xa incluira noitras películas suas. Pero eso é o importante, o toque Hawks, a amistade e camaraderia entre os protagonistas maculinos e a forte caracter dos persoaxes femininos, sempre independentes, intelixentes, graciosos coa réplica perfecta sempre preparada e sempre tomando a iniciativa en tema de amorios. Mulleres sen medo, sen supersticións...pero todo isto, sen perder a clase, distinción e feminidade.

 Pero o tema principal da película é "o segredo" que oculta o protagonista, Rock Hudson un actor idoneo para o papel, polo familiarizado que estaba na sua vida o de gardar segredos. Nesa época, os anos sesenta, esforzábase por ocultara a sua homosexualidade, con matrimonios amañados para non perder o seu estatus de superestrela mollabrajas...

 Todos temos episodios, manías, fobias...na nosa vida que intentamos ocultar, por vergoña,    medo a ser rechazados ou sinalados...segredos ó fin e o cabo que non nos deixan vivir a nosa vida con plenitude. Esta película vai de eso...dun home atrapado na mentira ata que entra na súa vida un catalizador que intervirá para facilitarlle dar o paso.

 Ahí entra a bizca pizpireta do título, Paula Prentiss.

 En aparienza o persoaxe de Paula Prentiss é o dunha rapaza infantil, caprichosa e atolondrada. Sen evolución persoal o largo do film, o contrario que o que lle ocorre o de Rock Hudson. Pero é un persoaxe que non a necesita, xa está onde quere estar e ten claro o seu rol no mundo e na vida. Descobre enseguida que oculta algo o oitro e non entende, burlase con descaro, dos motivos e xustificacións para manterse no segredo.

 Paula Prentis e Maria Peschy, entran coma un elefente nunha cacharrería, na vida de Rock Hudson. Os espectadores sentimos a súa inquietude a ansiedade de verse fora da súa zoa de confort por culpa de duas tolacas. Pero finalmente sentimos o alivio e liberación que sente a persoaxe grazas o equilibrio desequilibrado que lle prestan esas duas mozas... sobretodo a bizca juapísima e tremendísima que interpreta Paula Prentiss.

 Finalmente, decir que todos os persoaxes teñen a súa importancia e o seu momento. Os figurantes con frase, só nese breve momento no que aparecen son dotados de entidade propia. O guión e brilante. É sorprendente a cantidade de gags sexuais, tratados con elegancia e sutileza, que confluen nesta anticuada e moderna comedia de enredo.

 Adoro esta película, pero recoñezo que o final e algo floxo...quizais por iso ese dobre final surrealista...?!?

... o acabala fun para a cama cun sorriso de orella a orella...o que dormira xa é oitro cantar.

          J.G.C.





















  P.D.

Carteis, capturas da película e foto de Paula Prentiss obtidas da web, supoño que propiedade de Universal.