mércores, 11 de abril de 2018

Vatercló.



 Fai un par de meses o meu primeiro e en aparencia indestructible smarphone, tivo un accidente por imprudencia temeraria. Dende aquí fago unha recomendación para que a ninguén lle pase o mesmo...

 Se sodes homes e non padecedes a malformación de aquel rey gay que tiña que orinar sentado por padecer hipospadia, ou mulleres coa habilidade de miccionar de pé, Non vaiades mexar en chandal e co teléfono no peto da chaqueta deste por que vos pode pasar o que a min.

  Que qué me pasou... ainda agora lle dou voltas os acontecementos e non remato por esclarecelo de todo. Cóntovos.
 Como facía mal tempo e non ía sair da casa ese día decidira, por comodidade, vestir un confortable chandal. Eran cerca das dez da noite e estibera enredando na habitación para facer tempo andes de baixar a cear. Cando chegou o momento, metín no peto da chaqueta o móvil e cando me levantei, a miña vexiga alertoume de que estaba facendo tope,... para o vater que fun.
 Orinei con normalidade sen darlle trascendencia o asunto e pensando en que cear. Acabei de vaciar a vexija e deille o típico par de sacudidas o cacajuetillo para vaciar tamén as cañerías e intentar evitar aquela vella Ley de Murphy que di "Ainda que á sacudas con un martillo, a última jota vai po calsonsillo".
 Despois disto, prosedo a poñer a cuberto as indecencias e a remeter os baixos da camiseta por dentro do pantalón, cando no transcurso desta rutinaria operación sinto que lle dou un codazo a algo sólido e instantaneamente escoito un PUM-CHOOF!...miro para abaixo e no fondo do retrete cunha auga lixeiramente amarela vexo o meu ben querido esmarfon marca Samsung, o que tantas veces agredín, que tantas veces se me escurriu de entre os dedos para acabar dando botes contra chans de baldosas, de granito, de cemento, chans areosos lixeiramente húmidos, paseos de madeira etc, etc, etc
  Penso en meter a man no váter para rescatar o aparello, pero dame un repentino acceso de repugnancia e acórdome dos guantes de goma que uso cando limpo os azulexos e a mampara, para non despellejarme a pel co contacto dos químicos que se usa para esos menesteres. Poño un e rescato o móvil, pero como persiste a repugnancia, pásolle unha auga por baixo da villa, doulle un bo baño ata que os meus escrúpulos quedan satisfeitos.

 Non sei se no accidente ou durante a miña imprudente operación de limpeza telefónica, o móvil acabou moi mal parado e acabou na UCI... quero decir que o intentei reanimar desmontandoo e enterrandoo baixo unha capa de arroz... despois de dous días limpei ben con alcohol todo o aparello, seguín todolos pasos que se recomendan na internete.
 Con isto conseguín un breve chizpazo de vida, no que rescatei fotos e algunha cousa mais. Logo, tristemente, faleceu... descanse en paz o meu primeiro smarphone, sempre me acordarei de ti.

 Tras o período de duelo e a incomunicación resultante desta pérdida, deille moitas voltas ó suceso e non consego explicarme como poido acabar no váter o aparello. Fixén unha investigación meticulosa con probas no lugar dos feitos coa mesma roupa, mesma posición... e o móvil remata no chan con facilidade, pero dentro do inodoro nunca... despois disto empezo a creer que o de aquela bala máxica que matou a Kennedy non é tan descabellado... fixén un croquis para intentar mostrar a miña turbacíon e desconcerto ante os acontecimentos (é posible que os meus xenitales sean de menor tamaño que o mostrado no debuxo e que estibera bastante mais cerca da taza).


 Seguirei facendo pesquisas e probas. Mantereivos informados.



       J.G.C.