mércores, 7 de xuño de 2017

Vermello nostálxico.




 Primeiros de Xuño, bo tempo, moitos prans nos que ocupar o teu tempo. Deitaste e despertaste cun día pesado, húmido e fresco.
 Quedas desorientado por este pequeno inconvinte. Túmbaste na cama mirando para o teito e invádeche a nostalxia. Empezanche a acudir imaxes de tempos pretéritos, acompañados por conversas, cheiros, melodías...

 E curioso o proceso mental que che leva do presente e filtrando por un embudo e miles de laberínticas conexións neuronais a empezar a tararear a canción da intro da serie de animación "Ulises 31" ...
https://www.youtube.com/watch?v=nS3kCACw_t0

...serie oitenteira, que na época dábame medo e non entendía, parecíame un ir e vir sen nengún sentido.

 E logo, pasas a recordar mais e mais televisión que mamaches e xa non hai volta atrás, daraslle mil voltas á cabeza ata que recordes o título daquela serie da que tes esceas na cabeza, ou de qué serie era aqueloutra melodía...
 Hoxe temos o google de aliado, pero non chega para desentrañar recordos televisivos dos que apenas temos uns apuntes.

 Recordando e googleando venme a cabeza a primeira vez que oín unha palabra moi galega, pero que non estaba no repertorio do galego dialectal do meu vocabulario nin no dos meus achegados, e producíanos moita confusión.
 A palabra é "vermello", ata mediados da década dos 80 aquí, en Aguiño, ó vermello chamábamolle da forma castelán rojo, e seguímolo facendo pero xa non o confundímos coa cor verde, que é o que críamos que viña a significar.

 Se recordades (eu non o recordaba mireino no jujle), no 85 naceu a teuvejá, TVG ou a jaleja, chamádelle como queirades. Daquela, pese a carencia de medios non era a "telejaita" na que se converteu agora. Creo recordar, que era unha televisión mais aberta e experimental, pero pode que como decía o oitro, todo sexa producto da miña imaxinación.
 Series americanas coma "Magnum", "A muller biónica", "Buck Rogers", o "Batman" pop coas onomatopeias e as extranas escaladas, "Dallas"...
Britis coma "Doutor Who", "Allo, allo!", "Arriba e abaixo", a psicotrónica "Os novos(The Young Ones)" non entendía nada, pero encantábame,...
Series de animación coma o "Carteiro Pat", "Conan o neno do futuro", "Doutor Slump"...
 Estas series teñen en común, que a primeira vez que as vin, foi na jaleja, TVG ou teuvejá, chamádelle como queirades.

 Oitra serie que a primeira e única vez que a vin, foi na nosa canle autonómica chamábase "Viaxeiros (Voyagers!)", creo que a poñían nas tardiñas dos domingos, non podo recomendala, porque ainda que me encantaba daquela, non teño nin idea de como envellecería, eso sí, recordo que o rapaz protagonista resultabame un pouco pesado con tanto "¡Bob!,¡Bob!,¡Bob!,¡Bob!,¡Bob!,..." que ocupaban boa parte das suas lineas de guión.

 A trama da serie iba duns viaxeiros do tempo que se adicaban a reorientar o pasado, para que todo ocorrera como ven nos libros de historia e que nada se saira de nai que pusera en perigo o noso futuro.
 O cachivache que lles permitía ir cambiando de época e que lles indicaba si a súa laboura estaba realizada ou non, era unha especie de reloxo steampunk. Este tiña duas luceciñas unha verde de traballo realizado, dalle o botón e cambiámoche de época; e unha "vermella" de, ainda che queda traballo por facer.
 Con esta luz vermella, aprendín que vermello era rojo... e non hai moitas mais palabras que recorde, aproximadamente, cando e por qué do seu significado... a bote pronto saeme, pusilánime que gardo para min a historia desta palabra. A palabra esperma tamén recordo ben cando supén dela, vendo "El sentido de la vida" nun momento musical forma parte do estribillo dunha canción e, cándido de min (tería uns 8-9 anos) pregunteille a meus pais que qué era eso do esperma, azorados improvisaron unha resposta que non acabei de entender pero comprendín que certas cousas mellor non preguntarllas ós pais... e xá...

 Por certo, buscando información sobre esta serie entereime de que so durou unha tempada por ser cara de realizar, e que o prota Jon-Eric Hexum de prometedora carrera morreu ó pouco traballando noitra serie. Polo visto, púsose a facer chascarrillos con unha pistola detonadora que fallou e rebentoulle a cachola,... e, que por ahí se comenta, que era jei... amarillismo aparte, unha pena (que fora gay ou non, dame ijual).

 Jujleando tamén descubrín que a primeira canle privada de España non foi nin Antena 3, nin Tele 5, nin o Plus... a primeira canle privada naceu e morreu no 88, emitía dende Reino Unido a través de satélite contidos en español sen publicidade, sendo esta de pago. Chamouse Canal 10.

 Recordín mais series das que fun incapaz de buscarlle a pista, como unha de ciencia ficción dunha familia que fuxía e intentaba pasar desapercibida nun planeta parecido o noso...
a dun jomles-vagabundo que axudaba a xente e que tiña unha especie de marca...
unha duns nenos que deambulaban por unha especie de xardín con dinosaurios de pedra...

 Pero tiven busquedas fructiferas, "Chocky" é o nome dunha serie malrollista dun rapaz que se comunicaba con un extraterreste jodidillo.
" Maika, la niña del espacio" extraña serie chescolovaca, tamén con alien na trama.



Hai mais series, mais recordos e mais cancións, pero pareceme xusto recoñecer a boa labor normalizadora da nosa lingua que cumpriu e sigue facendo con mellores ou peores contidos a teuvejá, TVG ou a galega, chamádelle como queirades.

...e así, con estas historias pasei unha humida tarde dun luns de Xuño de 2017.

PD: A nostaljia é o que é, non sei se esta canción de Inriquiana e boa, mala ou rejular... pero dende que a recordei, tenme abducido o cerebro...el jedi retornará... aquí a deixo.
https://www.youtube.com/watch?v=WVp-oq1vzBs

(Fotos do archivo de Google).



        J.G.C.







luns, 5 de xuño de 2017

Dunha tarde que acabou en noite... e dunha noite que acabou en día.


 Luces que recrean imaxes,
imaxes que recrean recordos,
recordos cos días contados.

 Xa non hai nada que decir
...nada queda por facer.

 Veamos como pasan os días.





















  Castro (Castiñeiras), Garita, Ribeira. Dous días...ou duas noites?...

PD:  ¿Un guepardo que come acelgas, en lugar gacelas... es vegetariano o disléxico?.



       J.G.C.