venres, 15 de decembro de 2017

Remomería.



  Remata oitro ano.
¿Qué recordos nos quedan del...
bos...
malos...?

En todo caso todavía bastantes.

 Recordades estar na praia en outubro. A convalecencia vosa ou de algún familiar a principios de ano. Aquela rapaza ou rapaz que coñeciches na primaveira. Festas e viaxes no verán. A preocupación por conseguir aquel traballo, o mal trago en aquel outro, o estrés dos exames. A terrible perda de aquel familiar ou amigo tan querido para vós...

...todo iso ainda o tedes fresco, a pouco que vos asomedes a esas lembranzas, estremecerédesvos, aledarédesvos, en fin... revivirédelos.

 Pasará oitro ano...
e xa serán sombras...
  oitro,
... serán historias vellas.
 un mais,
xa non serán casi nada...

 Vellas fotos.



       J.G.C.

venres, 25 de agosto de 2017

Noites de verán... traca final.


 Agosto é impredecible.
 Como tódolos anos trouxonos días otoñais uns cantos, ventosos outros e dos de mais de trinta graos, tampouco se olvidou.
Noites de mosquitos e calor infernal, noites fresquiñas e noites de ... puiden traer unha chaqueta mais abrijosa ¡fodas qué frío!...
...así é agosto, quizais imprediciblemente predecible.

  ...(Paseos e fotos, 39).










































  Fotos das festas de Ribeira, praia Basoñas-Furnas, dos fogos de artificio de Corrubedo, praia de Coroso, Aguiño nevoento e fogos de Castiñeiras.


       J.G.C.

sábado, 12 de agosto de 2017

Encrucillada de pasarelamentos.






 Camiñando entre carallos de Saraqueste e acabando co aparato puntiagudo, vermello e quente...
Carallos de Sarasquete que con esta luz nocturna parecen almeas do Exincastillos.



  Paseos nocturnos... sendas que rematan en ningunha parte e autopistas iluminadas por babas. Alternativas sen alternativa.
 Parado no medio da nada.




 Acércome  ó bosque de farois, tras atravesar un calexón Real.
Frenética actividade sucédese no peirao... traballadores do mar, afeizoados ó mar e paseantes cerca do mar. En dirección Sur...
...mirando o Norte, o sosego e repouso das bestas sucias e cansas, que mañá retomarán o día a día e cargarán coas nosas necesidades, ilusións e vicios consumistas.





   Retomo o paseo desfacéndome desta encrucillada de pasarelamentos e divertíndome pensado en que os cabos son coma combas sobre o mar, imposibles de saltar... "Yo tengo unas tijeras que se abren y se cierran...le toco al aire, le toco a la tierra, me pongo de rodillas y salgo para fuera", curioso o mundo dos recordos...



  Unha lúa galáctica invitame a seguir o paseo pola praia, pero estou canso...
despídome coa Redonda vella iluminada con unhas nubes que asemellan vetas da madeira...
mañá será oitro día e aquí estarei para disfrutalo.






 ...

 E outro día ven, que me cubreu co seu manto do paso de tempo... e ahí estiben, vixiante...







         J.G.C.