mércores, 11 de maio de 2016

A un canario.


 Prácticamente non che recordo. Viñéchesme a cabeza buscando na miña mente unha historia que consolara a unha amiga.
 Tiña que ser alguén por quen sentira pena pese a que mantivésemos unha relación tirante ou, como era o caso, de indiferencia. Non encontrei persoa que se adecuara, e recordeiche a ti, o canario sen nome.

 A verdade non recordo gran cousa de tí e non me sinto identificado contigo...
temos similitudes, sí...

Pasacheste a vida encerrado nunha xaula só, coa única compaña da miña familia pola que sempre sentiches indiferencia e desconfianza...
tiveches oportunidades de escapar, cando limpábamos a xaula deixábamoche libre polo cuarto de baño, por despiste as veces deixábamos a ventá aberta, saías, voabas con torpeza por varios tellados... e volvías a xaula...
comías, bebías, cagabas e cantabas, moi ben polo que recordo.

 Escribindo esto intentei recordar anécdotas contigo... case non che recordo xa...

 Creo que morriches no verán, véxome en camiseta mentras che enterrábamos e na escola de Suca* mais tarde onde Alberto, que pasaba polo camiño mentras che enterrábamos, se burlaba de min por emocionarme por un canario.

Iso é todo.
Espero que foras féliz...
...que non sufriras moito en vida.

 Adeus canario sen nome.



* a escola de Suca, foi a unha das moitas ( Josefa Mari, Conchita,...) nas que miña nai me metía no verán, para que non perdera os coñecementos adquiridos, e para que non andivera perdendo o tempo pola casa.




P.D.: ( a mensaxe de wassap para dar ánimos da que parte esta despedida).

"... sendo rapaz meu pai trouxo 2 canarios. Un morreu en poucas semáns e quedamos con un.

 O noso cuarto de baño da o sureste...ten toda a mañá luz, e alí puxemos o canario, na parede, coa xaula enganchada a unha alcaiata.

 Cando estaba a ventá aberta, os gatos púñanse na ventá a mirar no canario e pensando a maneira de papalo.

 Bueno... non facía gran cousa o canario, cantaba, comía, cagaba...

Cando me bañaba, quedábame en silencio mirandoo, para ver si comía e bebía. Só comía si se sentía seguro.

Cos anos a plumaxe amarela foi perdendo cor e cada vez foi cantando menos...

Un día levanteime e o canario non estaba na xaula... si estaba,
 no fondo da xaula,
 morto...

...era un puto canario que só cantaba e cagaba, pero entristecinme moito, chorei por un puto canario con 8 ou 9 anos.

  Miña nai buscoulle unha caixiña e enterrámolo na leira, logo eu fíxenlle unha cruciña con dous paus...

 Estiven moi triste e era só un puto canario...
pero estivo ahí moito tempo,
 era o meu puto canario...
 xa non ó vería mais cantar e cagar...
... a puta perda.

Facía moitos anos que non me acordaba do canario, e pensando en esto volvinme entristecer."

  J.G.C.


 Foto sacada de esta web:
http://soloanimales.com/informacion-sobre-el-canario