mércores, 24 de maio de 2017

Femias voraces (a ruta dos muiños).


 En dous días acumulei mais picaduras de mosquitos que nos últimos vinte anos.
 Consideroo boa sinal, pois é sabido a caprichosidade destos insectos a hora de elixir de quen sorber o néctar vermello que circula polo noso interior.

 Polo visto, son selectivos a hora de elixir grupo sanguineo. Detectan certas enfermidades e so vampirizan as femias, os machos son abstemios de sangue, prefiren os zumitos.

 Se unha criatura que leva dando por culo, dende antes que hubera hominidos sobre a Terra me elixe a min para conseguir o alimento co que perpetúe a sua especie, non podo mais que sentirme un previlexiado por semellante distinción (ademais son moi escurridizos, so conseguín chafar a catro joputas, pero quedeime coa cara dos demais).

 Toda historia de amor (o idilio sería coas mosquitas) sucede en algún lado. Esta ocorreu facendo a ruta dos muiños de auga do Vilar-Vixán. E a música, para enmarcar o romanticismo do encontro, puxeronnola o cri-cri dos grilos e as xestas explosionando... recordemos o refrán "Cando a xesta fai tris-tras, busca muller, que a terás" e corramos un es-tupido velo...

 Aquí van algunhas fotos destos dous días.

























  Muiños e natureza do rego do Vilar ou de Amendo.
Praia do Vilar.

(Fotos sacadas coa Nikon S6300 e Fuji X-A2)



       J.G.C.



venres, 19 de maio de 2017

Aquel lobo...


 Sendo bastante xove, aquel lobo decidíu apartarse da comunidade e levar unha vida solitaria.
Dáballe preguiza cazar, a sangue alporizabao e fíxose vexetariano.

Instalouse nun montículo pedroso cerca dunha granxa de ovellas.

En canto as ovellas cheiraron ó lobo, entroulles ansiedade, que pasou a febre nerviosa en canto o empezaron a ver ir de aquí para alí. Deixaron de comer e pasábanse o día alerta e tensionadas.

O tempo pasou, o lobo iba e viña e non lles facía caso.
As ovellas empezaron a pensar : "¡¡ pero qué ostia temos de malo para que o lobo non nos coma!!".


Moralexa: As ovellas son unhas putas Divas.



 ( Imaxe sacada da páxima de artisteo pinterest, viña sin o nome do autor)





       J.G.C.


xoves, 18 de maio de 2017

...conclusión?



 As veces paréceme que todo é un mierdote...

...polo xeral, estou seguro de eso.

Necesito non pensar.








           J.G.C.

xoves, 4 de maio de 2017

NaturAbril.


 Postalitas que me deixou Abril.

 De cando en cando, meto no peto a pequena cámara compacta Nikon S6300, que ainda que ten unha calidade de imaxe peor que a do teléfono móvil, ten un zum competente con boa luz.
  Con este xesto consego nos meus paseos colesterólicos, pararme de cando en cando a observar a paisaxe que me rodea e non ir a toda ostia, para gratitude das miñas cascadas articulacións.
 Francamente, as fotos que consego sacar medianamente boas, son de pura chiripa... chego a casa e repaso as capturas feitas na ruta...100-200 as que sean, e destas chaman a miña atención duas ou tres, nas que me digo "¡ah, mira!, esta ten algo", ese algo pode ser unhas cores singulares, unha paisaxe que transmite aljo, unha captura curiosa... son incapaz de facer unha boa foto adrede, confesoo. Son unha nulidade para conferirlle dramatismo, personalidade ou calquera intencionalidade artística.
 Pero gústame facer fotos. Gústanme os paisajitos con cores cálidas preferentemente, eso é o único que sei.

 Ter un blog permíteme facer unha criba, e escoller as medianamente potables, ou que polo menos non fan potar...

 Gracias por ler e botarlle un ollo as fotos.


























  Sacándolle partido ós chándales e ós tenis por:
Aguiño, Couso, San Roque, Pedrín, Vilar, monte da Cibdá...

(Abril 2017).



       J.G.C.





luns, 1 de maio de 2017

Ó compás do vento.



 Días ventosos.

 Como se fóramos animais, que non deixamos de ser,
rastreamos entre os fentos,
 axexamos dende o ceo,
seguindo un instinto de vida que está ahí.

 Camiñamos e seguimos sendas que non nos levan a ningures,
vese que son sendas torcidas
pero vémolas como as queremos ver,
é a nosa natureza...
 troncos a deriva que rematan en praias infinitas,
imos en círculos dependendo do vento que nos sopre,
estamos á mercé dunha natureza que nos domiña,
que non entendemos.

 Superior a nos...



































Praias solitarias pero tentadoras para darse uns bos paseos.
Disfrute solitario...
(Praia do Vilar, Abril 2017)


       J.G.C.