domingo, 17 de abril de 2016

Moby dick contra os polbos.



 Nos anos oitenta o concello de Ribeira promocioaba o cine entre os mais xoves coas xornadas de "cine infantil" que se desarroiaban durante as vacacións do Nadal.

 Non coñezo os detalles sobre de quén partíu esta iniciativa e que obxetivos perseguía, pero permiteu a moitos rapaces ir por primeira vez a unha boa sá de cine como era aquela que había nos oitenta en Ribeira e vivir a comuñón que dá a oscuridade mentres se proxecta unha película.

 Pasaron moitos anos e teño que facer un exercicio de memoria para poder recordar tódalas películas que alí puden ver, reforzando o espíritu cinéfilo que en min xa estaba. Imos ver...recordo que a primeira peli que fora ver foi un poupurrí de cortos de Charlot, "Moby Dick", "Gorilas na neboa", "La aventura de los Ewoks", "La loca historia de las galaxias", foran logo pasando... a última sei que fora "Batman" pero hai moitas que non consego recordar.

 Aparte do espectáculo cinematográfico, ir a estas sesións de cine era toda unha aventura da que te podías esperar calquer cousa. Eran os oitenta, a organización era a dos oitenta, a urbanidade e civismo da xente era o dos oitenta... recordade...

 Vou facer un percorrido de memorabilina de cómo se podía dar unha xornada de cine infantil de aquela época.

 Vacacións de Nadal, un día entre semana calquera. Día de bó tempo, ainda que na rúa había lameiras e charcas, pero era o normal, só había duas carreteras nun estado que se pode acoller o termo carretera polos pelos, o resto... camiños, regos... sen aceras, sen sumidoiros, sen recollida de augas, sen augas da traida...
  Aproximadamente as nove da mañá, daquela madrugábamos ainda que non tivéramos escola. Ándabamos a enredar eu e miña irmá pola casa, as portas e ventás abertas de par en par. Víamos que empezaban a pasar rapaces por diante de casa, alguén entraba e decíanos que había o do cine infantil, que nos ían coller xunta a escola. Pedíamos permiso a nosa nai coa seguranza que non habería problemas, os pais daquela non tiñan medo do tráfico (pouco había), nin de violadores, ladróns e secostradores (seguro que xa os había, pero non nos daban tanto a tabarra os medios de comunicación con eles)...só querían perdernos de vista ainda que fose un ratiño.

 Este soía ser o inicio destas xornadas, que raramente se anunciaban...alguén se enteraba por alguén que ese día sí, e poñíase a maquinaria en marcha. Logo viña a espera.
 Non sei nas oitras parroquias ribeirenses, pero os de Aguiño, cargábannos a todos xunta a escola, eu vivía o lado, non tiña problema, pero había rapaces que viñan a andar desde a Cerca, Aguiño de Ves e hasta da Graña.
 Alí, xunta a escola xuntábamonos sen ter moi claro cando nos virían buscar, todo era rumores, uns dicían as dez, oitros as once, doce... xeralmente estábamos alí ata as doce ou "ou", era unha especie de recreo largo donde che daba para xogar e estar primeiro cos amigos da veciñanza, logo cós da escola, logo remexidos...

 Finalmente viña o autobús a buscarnos, creo recordar que da compañía rianxeira Muiños. Actualmente Muiños está ben provista de autobuses modernos, cómodos e seguros para viaxes largos, naquela época era a cochambre, eran ainda peores que os de Sarasquete. Funcionaban cando funcionaban, o anclaxe dos asentos dábase as veces, estos tiñan acolchado se cadraba, moitas veces estaban furados, queimados, con chicles... e apestaban a vómito. Pero a nadie lle importaba esto, ninguén se queixaba.
 Alí montábamos o futuro de Aguiño, a medio civilizar esa xeración do "Baby boom"  asalvaxada. Faltaban asentos, faltaba pasillo, iamos uns enriba de oitros en esa carrancla de autobus, felices, divertíndonos...

 O cine de Ribeira estaba no centro, cerca do concello pola rúa Rosalía de Castro. Alí descargábannos a nós, os de Castiñeiras, Carreira, Artes, Oleiros, Olveira, Corrubedo, Palmeira... aquelo era un maremágnum de nenos entre 5 e 13 ou 14 anos, para sobrevivir alí os mais novos, eu tería 7-8 anos apegábamonos os mais vellos, os que xa fumaban as agachadas na parte de atrás... non había orde nin concerto, os que trataban de organizar algo alí, víanse superados, non se respetaban as colas, non se respetaban as ordeanzas, prohibido ir para o palco mentras non se encha a grada baixa, colábamonos...uff, o mundo era dos listos, dinme de conta alí.

 O cine rebosaba, estaban os asentos cheos, o chan, os pasillos, as escaleiras... estou case seguro que na cabina do proxeccionista, tamén metían rapaces para que colléramos todos.

 Desde que collíamos asento ata que empezaba a película, daba para moito...unhas veces molestábamos os de adiante poñéndolle os pes no asento, oitras eran os de atrás os que trataban de molestar. Producíanse grescas as veces, normalmente solventábase a cousa con insultos. Facíanse amizades, os maiores as veces ligaban e oitras...en fin... "Moby Dick".

 O día que proxectaron "Moby Dick", coma sempre pegueime a uns rapaces maiores da veciñanza. Colámonos e fumos para o palco ocupando unha fila. Tras de nos puseronse tres (?) rapazas de oitro sitio do concello que non coñecíamos. Os maiores iniciaron conversacións amigables con elas. Non prestaron atención a película en ningún momento, e mais, creo que non apartaron a vista do que pasaba atrás en toda a proxección. Admito que "Moby Dick" de John Huston é un coñazo, non resulta moi entretida para un adulto e menos para un rapaz. Recordo que intentei seguila, pusen un ollo nela e o oitro no que pasaba atrás. A persecución do capitán Ahab tras a gran blanca, resultoume aburrida...o de atrás resultábame incómodo.
 ¿Qué pasou atrás?... as rapazas, mostráronse simpáticas e amigables con uns rapaces que, non o sabían, pero eran uns salvajiños... pronto empezaron a chegar o meu oido cousas como,  - a ver, levanta un pouco a falda... -¿non me das un besito?... - ¿non nos enseñas as tetas?... ehem, ehem... as rapazas empezaban a capear o temporal que lles viña encima como podían. Facían oidos sordos, sorrían como se non pasara nada, facían xestos de desdén, cabreábanse...
 Logo caeulles a dos pulpos, sobeteos lixeiros primeiro, logo directos a puntos extratéxicos... aquilo foi unha loita sen cuartel de mais de unha hora...
 Ainda agora,non sei por qué as rapazas non se largaron de alí. Ainda agora non entendo a satisfación que pode producir, por rapaz que sexas, un sobeteo forzado e non correspondido a tres rapazas inocentes por unha marabunta formada por unha fila de 5,6,7 rapaces?, non o recordo...

 Tras o FIN, THE END, KONIEC... encendíanse as luces, e reniciÁbase a batalla por sair, por ir o váter, por coller asento no autobús...

 Eran aventuras esgotadoras.


J.G.C.


Cartel da 5ª semana do cine infantil, pegado sobre diccionarios. ¿Ano?  Nin idea...fai moitos anos nunha jalaxia moi lexán.