mércores, 14 de decembro de 2016

Dramas do primeiro mundo.



 Hoxe apetéceme recomendar un "podcast", porque sí, son deses que cando van camiñar levan un sorriso de idiota clavado na cara, e de cando en cando soltan unha sonora risotada que cando me ven os veciños deben de decirse "o fillo olijofrénico de Josefa Esther vai de mal en peor...pobre!!".

 Pois o podcast que ultimamente mais me divirte e un no que varios fulanos opinan dos temas mais variados sin ser expertos en ningún, sen informarse de nada, e sentando catreda sen complexos... " ahh!, son tertulianos" pensaredes, Nooo... son cuñados. En este caso "Los 3 cuñados".

 Aparte de opinións cuñadenses de temas concretos, fan un análise de actualidade con un humor e bó rollo de un grupo de amigos que se xuntan o redor dunhas birras... as anécdotas personais tampouco faltan.
 Coñecemos os veciños psicópatas de un, como outro caeu víctima da estafa do caso Nadia, os encontros do músico do grupo con personaxes públicos como Ricardo Bofill Jr., etc.

 Nos últimos programas, xa escasos de ideas, adicaron dous programas a "Dramas del primer mundo"... esas chorraditas, como que non chegue o wifi o vater, que che fagan espoiler da túa serie favorita... en fin, tontadas que nos amargan o día, ou unha parte dél.

 O meu drama do primeiro mundo é cando estou en grupo, e alguén se me pon a contar as suas desdichas personais, o cal sempre é unha honra que confien en ti dese xeito, pero ti tes gañas de diversión, e a conversa do resto do grupo, que ti intentas seguir có rabillo da orella, paréceche moito mais interesante e tes gañas de entrar a meter baza... pero por respeto a esa persoa que te confía a ti as suas problemáticas, veste forzado a manter a atención no que che di, confiando en que non se alargue moito e chegues a tempo para meterte na oitra conversa.

  ¿Cal é o voso "Drama do primeiro mundo"?



     J.G.C.






  Enlace ó último podcast de "Los 3 cuñados".

http://www.ivoox.com/3-cunados-programa-29-dramas-del-audios-mp3_rf_14755184_1.html