sábado, 7 de setembro de 2019

Diario na deriva.


¿Canto tempo levo aquí?...

  O bote salvavidas é moito mais seguro do que eu creía nun primeiro momento. Posiblemente leve anos nel e aínda teño alimento e bebida para sobrevivir oitro tanto.

 Aquí, no medio de ningunha parte, rodeado de océano, o único que cambia é a dirección do vento, a posición dos astros e a cantidade de luz e sombra que me rodea.

De cando en cando recibo visitas. Uns golfiños que me saudan alegres, tartarugas que me miran con desconfianza e tristeza, baleas que resoplan cando lles conto a miña historia, albatros que me sobrevoan indiferentes... prodúceme moita ledícia ter estas visitas; saúdoas, fálolles do bo día que fai, invitoas a comer conmigo. Pero así como viñeron, vanse.

Aquí sobrevóache continuamente a sensación de fraxilidade e incapacidade para controlar a túa propia vida.
 Pero o peor da situación, mais aló do aburrimento e a soidade, e a angustia que che bloquea e impídeche pensar con claridade.


Ao principio combatíaa planteándome retos e praneando unha saída. Buscaba un punto no oceano ou unha dirección cardinal e durante días bogaba esperando encontrar terra.

 Pronto me cansei. E encontrei unha forma mais relaxada de evadirme desta angustia.
 Caín na ensonación e na fantasía. Conseguía estar case que todo o día nun estado de semi consciencia, no que fantaseaba vidas plenas e triunfantes.
 Unhas veces era un deportista de éxito, oitras era o mellor en algunha especialidade da arte ou a ciencia. Triunfaba coas mulleres, namorábame, tiña fillos maravillosos.
Pero, estas vidas mentais, pouco a pouco deixaron de ser tan perfectas.
 O deportista retirábase e era olvidado. Alguén superaba as miñas tesis ou a miña arte era minusvalorada por simplona. As mulleres cansábanse da miña apatía e os fillos, collían enfermidades ou noivos trap. A esas vidas idílicas chegoulles a realidade... a realidade de estar no medio dun puto oceano a deriva.

Á angustía sumábanselle moi a meudo os medos lóxicos desa situación; ... que se acaben as vituallas, que saia no bote unha vía de auga, a resbalar e caer o mar, a enfermar, a que un temporal me leve por diante.

 Ás veces acumúlaseme todo e síntome tan perdido, que desexo que pase algo de eso
...e empezo a imaxinar como sería a miña fin,
                                        a agonía do momento,
                                                                     a dor,
                       verme sen aire que respirar, sen latexos que movan o sangue,
          a perdida de cosciencia...
 ata desaparecer.
E logo...

 A miña fé e limitada, non acabo de concebir oitra vida da alma desvinculada da do corpo, oxalá!, pero xenérame moitas dúbidas.
Decídome por concederme oitro día, e ver si se obra a milagre...

 Pero a angustia e unha carcoma que caverna o Sentir e o SER das persoas.

 Agora dáseme por pensar,
... e se chego a terra ou me rescatan, logo qué?
 ...
alguén estará esperando por min?
 ...
qué vou facer coa miña vida?
 ...
qué me ilusiona?
...
qué hai que valla a pena?
...
qué vai ser de min?
...
...hai alguén por quen poda facer algo...que me precise?

Son coma unha peza do quebracabezas que non encaixa en ningún sitio...


Na deriba, igual non se está tan mal...
                        o malo é a angustia e o medo...
          estés onde estés.



Adicada a quen non entenda nada... deles será o reino dos ceos.
(03/09/2019)




        J.G.C.