xoves, 21 de xullo de 2016

Fotos de feisbuc con luada.



 Ata fai nada, era dos que torturaban coas miñas fotos "paisajísticas", con mais ou menos gusto, as miñas amizades da rede social Feisbuc.

 Sí, era dese tipo de persoas aburridas, con vidas aburridas e que sacaba fotos aburridas das cousas aburridas que facía na miña vida... e logo, con ese punto sádico que temos os aburridos, subías a rede social con ganas de torturar a esa masa de aburridos que pobla o feisbuc...

 Tranquilo, ti que me estas lendo non entras no grupo de persoas o que me estou referindo, estas dentro dese 10% que poñen cousas interesantes, amenas ou de labor social. (Ou non, en realidade non che coñezo, pero que chegaras lendo ata aquí xa che fai unha persoa singular... ¡por certo, gracias por lerme!).

 Debo decir na miña defensa que as fotos que subía, ainda que anodinas, non eran exhibicionistas do tipo "eu" comendo no restaurante de moda, "eu" ajabeando un monte, "eu" de festa rodeado dos meus mais mellores amijos, "eu" coméndolle os morros a amija-mosa de turno, "eu" rozando, "eu"..., "eu"..., "eu"...
en fin... o triste é que nunca o fixen por que son tan aburrido que nin eso fajo, senón nin de eso me podería estar defendendo.

 O tema é que este fin de semana, facendo limpeza, encontreime a miña cámara dixital do tipo "apunta e dispara", sen modos manuais e cunha apertura que deixa bastante que desear (para os entendidos 1: 3.2 - 5.8), pero bastante mellor que a do móvil. Recargueina e entroume a tentación de sacarlle fotos a todo e logo compartir o meu "arte" cos amigos do feisbuc.
 Pero tiven unha revelación...¿ PARA QUÉ...?. Non tiven unha resposta clara.
¿Moito tempo libre?,
¿un intento de reafirmación vital?,
 ¿simple egocentrismo?,
...

 Pois a todo isto, decedín de deixar de compartir cousas sen interés polo feisbuc pero, como me gusta quitar fotos e lojo poñelas en aljún sitio, xa que teño un blojj, pois usareino tamén para poñer fotos aburridas, aparte de escribir textos aburridos.

 Aquí o positivo que ten, aparte de que é menos accesible, é que non hai a opción de darlle a "me justa", "compartir",... que é un pouco de chantaje emocional.

 Rematando, pídolle PERDÓN os amigos do feisbuc que abriron un día a súa páxina, viron un álbum de fotos do Jarabato, dixeronse " a ver que cousas interesantes pon por aquí o amijo jarabato", e acabaron cajándose nos meus antepasados por facerlle perder un anaco da súa axetreada vida... e algúns, que son uns santos, ata lle deron a "me justa"... todos, tedes o ceo gañado.

 E agora, por aquí abaixo poñerei as fotos da lúa chea que saquei pola praia do Castro-Rebeira-Catía en Aguiño, a min entretenme sacalas... e ponme cachondo poñelas en algún lugar público... ese é o resumo a todo isto.

 A min, válenme...














    J.G.C.




Ningún comentario:

Publicar un comentario