sábado, 12 de agosto de 2017

Encrucillada de pasarelamentos.






 Camiñando entre carallos de Saraqueste e acabando co aparato puntiagudo, vermello e quente...
Carallos de Sarasquete que con esta luz nocturna parecen almeas do Exincastillos.



  Paseos nocturnos... sendas que rematan en ningunha parte e autopistas iluminadas por babas. Alternativas sen alternativa.
 Parado no medio da nada.




 Acércome  ó bosque de farois, tras atravesar un calexón Real.
Frenética actividade sucédese no peirao... traballadores do mar, afeizoados ó mar e paseantes cerca do mar. En dirección Sur...
...mirando o Norte, o sosego e repouso das bestas sucias e cansas, que mañá retomarán o día a día e cargarán coas nosas necesidades, ilusións e vicios consumistas.





   Retomo o paseo desfacéndome desta encrucillada de pasarelamentos e divertíndome pensado en que os cabos son coma combas sobre o mar, imposibles de saltar... "Yo tengo unas tijeras que se abren y se cierran...le toco al aire, le toco a la tierra, me pongo de rodillas y salgo para fuera", curioso o mundo dos recordos...



  Unha lúa galáctica invitame a seguir o paseo pola praia, pero estou canso...
despídome coa Redonda vella iluminada con unhas nubes que asemellan vetas da madeira...
mañá será oitro día e aquí estarei para disfrutalo.






 ...

 E outro día ven, que me cubreu co seu manto do paso de tempo... e ahí estiben, vixiante...







         J.G.C.













Ningún comentario:

Publicar un comentario