mércores, 12 de decembro de 2018
Una caca en la ópera.
Houbo un tempo no que os fogares estaban provistos duns artiluxios case en desuso onde se depositaban revistas, catálogos, tebeos, entre oitra fedellada fora feita de celulosa ou non (alí acababan olvidados matamoscas, xoguetes, o tapete de xogar as cartas, facturas-recibos-propaganda electoral,...), estou falando dos revisteros.
A costume era ter dous por fogar, un na salita e oitro no cuarto de baño.
Dependendo do nivel cultural e a idade dos habitantes de cada casa, no revistero do vater podías acompañar o teu cagar coa lectura dun "Pronto", un "Mortadelo", un "Superpop" ou a versión juarra o "Nuevo Vale", un "Jueves", un "Muy Interesante", un "Interviú",un "Venca catálogo", etecéetecéetecé (Dios acompañe na gloria a estas publicacións).
As novas tecnoloxías fixeron caer en desuso ese aparello e a lectura en papel cuché.
O motivo que trouxo esto a miña mente, non foi oitro que a horaza que pasei na trona mirando o yútube, índoseme totalmente o santo o céo, ata que fun cosciente dunha terrible dor nas pernas ocasionada polos cóbados cravados nelas e o adormecemento destas extremidades, aparte do dano colateral do rascor o limpar o fecho do... cos consabidos tarzanetes resecos. Momento no que envexas os váteres xaponeses cos seus chorretes de auga morna, taza climatizada... así, un non se extrana das mínimas vivendas do pais nipónico, con eses váteres... un case pode facer vida alí, e olvidarse do resto da casa.
Qué leva a unha persoa de 41 anos a pasarse unha hora co cú no cagadoiro, aparte de que teña moito tempo libre e aportando a información extra de que vai ben de ventre e en caso de non apirolarse co móvil, cinco minutos despois de baixar os calzóns, a materia orgánica sainte, podería estar viaxando polo acuapark dos zurullos ata o paraíso das cacotas, uséase, o EDAR.
Pois o que me levou a iso foi "Entre pillos anda el juego"...uns instantes antes estibera vendo o clásico oitentero con Edi Murfi e Dan Aicroiz... esa comedieta cun dos mellores malos da historia, o clasismo, o esnobismo e os mercados de valores personificados nos irmáns Duke.
Quedoume na cabeza un momento da película, e o entrar no cagadoiro fun directo o gugel a teclear... se fora mais xoven e de hormonas mais desatadas buscaría as impresionantes glándulas mamarias de Yeimi Li Curtis, a gran actriz filla de Yanet Leij e Toni Curtis, que polo que se comenta naceu intersexual... dato que non ven o caso pero ahí queda.
Pois o que teclea un decadente home de 41 tras ver a susodita película, é "música intro entre pillos anda el juego". A música que soa na introducción é a obertura das bodas de Fígaro de Mozart versionada por Leonard Bernstein. Caralluda!.
E así, o tonto tonto, sáltame o seguinte video do yutube que resulta ser a ópera enteira de "las bodas de Fígaro" con subtítulos en español...un que se abstrae...
...e pasa unha hora co cú en pompa, acaba con dores nas extremidades, o cerito rascoso... e recordando os vellos tempos no que había revisteros nos váteres.
A próxima vez que vaia facer de ventre, procurarei non poñer ningunha ópera, direi para concluir.
MOZART Le nozze di Figaro (Overture) LEONARD BERNSTEIN
Mozart-Las Bodas, Le Nozze Di Figaro COMPLETE -Subt Esp
P.D.
Fai pouco entereime dunha moda que causa furor en alemania o sitzpinkler, que é levar a igualdade de sexos o WC, esto é que os homes tamén se sentan no retrete cando van facer augas menores co que se evitan as tapas salpicadas de orines... por agora non teño opinión na cuestión, pero no inverno co frias que están as tazas alégrome de poder mexar de pé.
( Imaxes sacadas do gugel.)
J.G.C.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario