Tiña pendente esta película do 2017 dende fai tempo, pero tiña medo que pese a aparencia deslumbrante das imaxes a trama fora soporífera.
Pois ben, a trama e sinxela e séguese con interés. O problema e oitro, polo menos no meu caso... o botón de "pause" no mando a distancia, que compulsivamente iba premendo en cando había un cambio de secuencia polo gusto de contemplar con pausa a proposta de esta película animada.
Tras o visionado setín curiosidade por ver como se levara a cabo esta maravilla. Sospeitaba que sobre unha película normal, logo someteran todo a unha infografía para darlle ese aspecto de pintura de Van Gogh. Pero o increible foi descubrir que non é un traballo de programación, para pintar imaxes, se non que todo o que se ve é a puro oleo. Polo visto, contrataron a mais de 100 artistas para que pintaran a oleo todo o metraxe ó estilo Van Gogh. Pois ¡ole sus juevos!
O fio da película é a entrega ó irma do artista de unha carta escrita por Vincent para Theo, que quedou sen entregar despois da súa morte.
O fillo do carteiro ocúparase de esta tarefa, pero a trama derivará nunha especie de detectivesco por descubrir a verdadeira causa da morte de Vincent Van Gogh.
É certo que os persoaxes son un pouco planos, a película e un pouco estática e que os tonos monocromos que utilizan para mostrar recordos, non se parecen moito a pintura dos primeiros van Gogh influenciado por Millet (tampouco sei se era o que pretendían).
Algo ten VanGogh para que non haxa película mala sobre él. Pese a que en vida, parece ser, que non tiña as ferramentas adecuadas para o acto de vivir, a día de hoxe e a máxima lenda da pintura, está no podio das rockstars da pintura, todo o mundo sabe identificar algunha pintura súa e coñece a anécdota de que se cortou un cacho de orella.
En resumo, película moi recomendable.
As imaxen que poño a continuación, son sacadas co móvil directamente do televisor, mentras via a película.
J. G. C.
Ningún comentario:
Publicar un comentario