venres, 11 de novembro de 2016
Xogos e xoguetes 2. José o das bolsas.
Hoxe vou a contaros un segredo, non sei se me coñecedes, os que sí supoño que xa o sospeitábades, os demais ídelo a saber agora.
Sí, vouvolo a confirmar definitivamente, pero non me sinaledes nin me apedreedes si me vedes pola rúa, e unha tara coa que nacín e non podo facer nada contra elo.
...en fin, respiro profundamente, aguanto o aire, e soltoo paseniñamente... ahí vou...
"Eu" son...
...un alpabarda... tamén chamado: un palerma, unha prea, un imbécil... o que en castelán diríamos... un puto "jelipollas".
Tratei de desemular, loitei contra elo, incluso conseguín épocas nas que me mantiven limpo de jilipolladas. Pero é a miña natureza e xa desde moi xove din síntomas delo, pero con 5-6 anos púsose de manifesto de forma descarada e sin ningún xénero de dúbidas.
Esta é a historia.
Crieime en Aguiño, no que entón era o distrito de Listres e crieime nunha rúa na que coincidía en nome con oitros dous rapaces de idade similar... o maior, levábame tres anos, o mais espelido, o "guai" do grupo era Jóse sen til no "o".
O do medio, era un rapaz o que lle gustaba xogar a ser adulto, gustáballe estar cerca das obras, de onde había un tractor limpando un pozo negro, un home cortando batume, un vaqueiro levando a pastar as vacas... alí estaba él, José, na sua forma seria e formal, que me sacaba un ano.
E finalmente o mais xove, inxenuo, infantil que era eu, era coñecido por Josito... (ahora que o penso, típico nome de gilipollas...)
O do nome non ten moita importancia para o que estou contando, pero apetecíame contala. Sigo.
De rapaz tiña bastantes xoguetes, non porque tivera un suministro continuo deles, non...caíanme nas datas típicas. Cumpreanos, reis magos e cando ía a médicos. Pero era un conservacionista, non da natureza, senon dos meus xoguetes, tratabaos con coidado e delicadeza e por acumulación con 5-6 anos tiña unha boa cantidade deles.
Por comodidade gardabaos en bolsas de plástico, na época eran comúns aqueles tambores de deterxente colocón, pero a min non me gustaban. Erán demasiado aparatosos e moi difícil limpalos ben para que non quedaran restos de deterxente, que deixaba os xoguetes pegañentos.
A nosa casa era pequena e gardaba as bolsas dos xoguetes na "casiña"(cobertizo) e no garaxe, e polo meu trafego de bolsas da casiña para a casa, e da casa para a casiña, as mais lerchas do lugar empezáronme a chamar "José o das bolsas" (có tempo, pasei a ser "José o dos libros", pero esa é oitra historia).
Nun destos trafegos foi cando sucedeu unha das historias mais patéticas na vida deste jilipoxas.
Non sei se o recordaredes, pero cando eu era rapaz, non había contedores do lixo pero si servicio de recollida, e pola mañá cedo un camión con varios operarios montados atrás ían recollendo as bolsas de lixo que cada veciño puña na porta da súa casa.
Ese mañá, apetecérame xogar cos cochiños de xoguete que estaban na súa bolsa no garaxe. Tiña unha boa colección, a bolsa empezaba a pesar o seu e os coches de metal perdían pintura polo roce duns contra oitros, os meus favoritos deixabaos arriba de todo ou metidos na caixiña de plástico na que viñan. A maioría eran escala 1/64 desos que se lle abrían as portas, cousa que os fabricantes xa non poden facer pois polo visto ós nenos de agora, dáselle por tragar e asfixiarse con ditas portas, nos metíamos ceras no nariz pero por tragar portas non se nos daba.
Sí, era unha boa colección de marcas variadas Guisval, Mira, Majorette, matchbox... e con últimos modelos de aqueles anos... o R-12, o Talbot Horizont, o Peugeot 504, Ford Granada... como disfrutaba e cantos problemas de contaminación se arreglarían se os coches funcionaran como aqueles... unha man xigante que os empurrase.
Ahí ía eu todo feliz de camiño á casa, ainda en pixama coas primeiras luces do mencer, os paxariños piando...
...pero un rebumbio ainda lonxán chama a miña atención, asómome a beirarúa e veo subindo o camión do lixo, cos operarios recollendo casa por casa, bolsa por bolsa os desperdicios xenerados o día anterior polos aguiñenses, e acompañandoos vai José, o José número 2 do que falei antes. Vai falando con eles e axudándolles a recoller as bolsas e tirandoas o interior do camión.
O acercarse, únome a eles e adícome a recoller bolsas da basura o tramo que son capaz de seguir o seu paso, coma moito catro casas... cóa satisfación do deber cumprido volto os meus quefaceres de neno.
Dentro da casa, recordo que o motivo polo que saira era coller a bolsa dos cochiños, pero chego o garaxe e nona atopo..."estará na casiña" penso.
Busco e rebusco e non está en ningún lado. Quizais a deixín dentro da casa, pero por mais que busco nona atopo.
Empézome a por nervioso, e a crer que hai gato encerrado... "aljén me ajachou os cochiños", cabreado pregúntolle a miña nai e a miña irmá ...parecen sinceiras na súa perplexidade ante as miñas acusacións.
Rebusco e rebusco onde xa buscara, busco tamén no faiado, na da madriña... sen resultados.
De repente recordoo... a bolsa dos coches estaba no garaxe, collinna, dirixinme cara a casa con eles e...
... o camión do lixo... ¡¡¡Tirei a bolsa dos cochiños o camión do lixo!!!.
Eu chorando, e todos os da casa ríndose cando llo contei... eu quería solucións, que me levaran a Curota onde queimaban o lixo por aquela época a buscalos, ou detrás dos camións... algo, algunha solución... e ríanse...
...rianse dun Gilipollas.
Por primeira vez tiven ese sentimento de pérdida, esa sensación de que non todo é para toda a vida... as cousas pérdense, desaparecen da túa vida... por moito que as queiras e as coides.
A seguinte vez que este jillipollas se luceu, foi pouco tempo despois... un día que clavei unha grapa nun dedo... ¡Fodás, a que montei ese día!...
Pero por hoxe, basta de confesións.
Ou non, confeso que despois daquilo volteime algo paranoico... e cando ía a de algún amigo, pariente, coñecido, amigo de amigo, etc... axexaba na súa colección de xoguetes por si alí via os cochiños que foran meus. Cousas de alpabardas.
Proximamente: "Xogos e xoguetes 3. Paracaidistas."
J.G.C.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario