luns, 7 de novembro de 2016
Xogos e xoguetes 1. Corazón de Xesús.
É curioso como o paso do tempo vai borrando da memoria a infancia de un...
os xogos, os amigos, as aventuras... os sentimentos e a persoa feliz e chea de esperanzas que un foi, vai desaparecendo entre as brumas dos anos pasados e novos recordos e experiencias que lle van roubando espazo e importancia o ser mais puro que nos constituéu, o "nós" neno.
Gustaríame deixar constancia dalgúns destos recordos de infancia antes de que se perdan definitivamente, xa tendo a seguridade, que estos recordos estarán corruptos pola memoria adulta...
Recordo a capacidade para convertir obxetos e cousas comúns en autenticos tesouros ou escearios para a aventura.
Cando miña nai me mandaba ir a tenda e me sacaba da ensonación de aventuras nas que me inmerxía mentras xogaba cos plaimobils e airgambois, a desgaña e o disgusto non me devolvían de todo o mundo real e recordo ir andando pola rúa convertido no protagonista dunha especie de "spin-off" das historias que os macaquetes un rato antes representaban.
Así, a lista da compra convertíanse en materiais indispensabeis para a supervivencia do Universo e eu, o voluntario forzoso a esta misión suicida.
As aceras convertíanse, no meu maxín, nos tellados de edificios dunha altura infinita e dunha estructura totalmente inestable xa que os constructores foran unha extinta civilización de xigantes. A única forma de cruzalos era pisar dentro das baldosas sen pisar nos regos de separación entre baldosa e baldosa...pisar só no blanco do paso de cebra... e coller os productos do supermercado sen mirar para os ollos, nin falar con ninguén... en caso de saltarse algunha destas normas despertaría a uns vixiantes infernais que aquela antiga civilización deixara para protexer o seu legado.
Tamén recordo os cofres de tesouros que me construira a base de pedras brilantes, cunchas, botóns e pezas de dentes de leite que extranamente o rato Pérez, non tiña a ben levar para a sua colección cando as metía baixo a almofada, pero sí nos deixaba algunha chuchería ou premio (especulaba e discutía cos meus pais a razón de este desprecio dental, si fora por estar demasiado podre o dente e que os tiña que labar mellor, que ese día ía moi cargado de dentes e non tiña espazo para mais,... logo supén que, simplemente, os nosos proxenitores na escuridade non deran co dente por mais que rebuscaban con coidado baixo a almofada ).
Tamén tiña unha caixa de ouro repleta de billetes, miles e miles de dólares... millóns e millóns de marcos, yens, francos,coroas e ata liras... as pesetas non tiñan o glamour suficiente para o "eu" neno.
A caixa de ouro era en realidade unha caixa de cartón que servira de envalaxe a unha botella de cava dunha coñecida marca catalana da que non quero decir o nome, pero digamos que empeza en freixe e acaba en net...
E o papel moeda, non era de curso oficial nin de ningún tipo de curso, nunca se matriculou en ningunha escola... eran follas soltas de tacos de almanaques Corazón de Xesús, que miña (fada) madriña me daba o acabar o ano e que eu, nun traballo laborioso que seguro disfrazaba de algunha aventura que agora non recordo, ía separando folla a folla da goma que os mantiña unidos xa que miña madriña non arrancaba os días, só os pasaba aguantando o día cunha goma.
Tamén recordo que os festivos neses calendarios, viñán ilustrados co debuxo do santo de turno ó igual que os domingos, e eu por respeto ou superstición non incluía estes días no meu botín, só os que tiñan número grandote. Eses días santos botavaos o sitio respetuoso que se merecían... botavaos a basura...
Ano a ano, acumulei un autentico botín... nunca na miña vida voltín a ter tantos cartos, tantas riquezas... nin tantas esperanzas...
Proximamente: "Xogos e xoguetes 2. José o das bolsas."
J.G.C.
Foto sacada de un vendedor de: todocoleccion.net
http://www.todocoleccion.net/calendarios-antiguos/taco-calendario-corazon-jesus-2011-completo-sin-estrenar-anecdotas-chistes-charadas~x39801702
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario