mércores, 24 de maio de 2017

Femias voraces (a ruta dos muiños).


 En dous días acumulei mais picaduras de mosquitos que nos últimos vinte anos.
 Consideroo boa sinal, pois é sabido a caprichosidade destos insectos a hora de elixir de quen sorber o néctar vermello que circula polo noso interior.

 Polo visto, son selectivos a hora de elixir grupo sanguineo. Detectan certas enfermidades e so vampirizan as femias, os machos son abstemios de sangue, prefiren os zumitos.

 Se unha criatura que leva dando por culo, dende antes que hubera hominidos sobre a Terra me elixe a min para conseguir o alimento co que perpetúe a sua especie, non podo mais que sentirme un previlexiado por semellante distinción (ademais son moi escurridizos, so conseguín chafar a catro joputas, pero quedeime coa cara dos demais).

 Toda historia de amor (o idilio sería coas mosquitas) sucede en algún lado. Esta ocorreu facendo a ruta dos muiños de auga do Vilar-Vixán. E a música, para enmarcar o romanticismo do encontro, puxeronnola o cri-cri dos grilos e as xestas explosionando... recordemos o refrán "Cando a xesta fai tris-tras, busca muller, que a terás" e corramos un es-tupido velo...

 Aquí van algunhas fotos destos dous días.

























  Muiños e natureza do rego do Vilar ou de Amendo.
Praia do Vilar.

(Fotos sacadas coa Nikon S6300 e Fuji X-A2)



       J.G.C.



Ningún comentario:

Publicar un comentario