xoves, 4 de maio de 2017

NaturAbril.


 Postalitas que me deixou Abril.

 De cando en cando, meto no peto a pequena cámara compacta Nikon S6300, que ainda que ten unha calidade de imaxe peor que a do teléfono móvil, ten un zum competente con boa luz.
  Con este xesto consego nos meus paseos colesterólicos, pararme de cando en cando a observar a paisaxe que me rodea e non ir a toda ostia, para gratitude das miñas cascadas articulacións.
 Francamente, as fotos que consego sacar medianamente boas, son de pura chiripa... chego a casa e repaso as capturas feitas na ruta...100-200 as que sean, e destas chaman a miña atención duas ou tres, nas que me digo "¡ah, mira!, esta ten algo", ese algo pode ser unhas cores singulares, unha paisaxe que transmite aljo, unha captura curiosa... son incapaz de facer unha boa foto adrede, confesoo. Son unha nulidade para conferirlle dramatismo, personalidade ou calquera intencionalidade artística.
 Pero gústame facer fotos. Gústanme os paisajitos con cores cálidas preferentemente, eso é o único que sei.

 Ter un blog permíteme facer unha criba, e escoller as medianamente potables, ou que polo menos non fan potar...

 Gracias por ler e botarlle un ollo as fotos.


























  Sacándolle partido ós chándales e ós tenis por:
Aguiño, Couso, San Roque, Pedrín, Vilar, monte da Cibdá...

(Abril 2017).



       J.G.C.





Ningún comentario:

Publicar un comentario