sábado, 20 de febreiro de 2016

Domingos de jamela.

 Gamela: Pequena embarcación de madeira, que se usa para pescar ou de auxiliar dunha mais grande.

 Cando me poño nostálxico e me poño a recordar épocas pasadas, ó instante éncheseme a cabeza de momentos ledos, festivos e xubilosos.

 O oitro día deuseme por recordar aqueles Domingos pola tarde da miña adolescencia, nos que en compaña dos meus amigos me dirixia ó peirao do pobo onde vivo e aprobeitando a nula actividade tanto comercial como de tránsito de xente que se producia ese día, e vestidos como estábamos, de domingo, buscávamos pola rambla que está ó caron do asteleiro, jamelas que tiveran os remos dentro.
 Xeralmente os mariñeiros deixaban boca arriba a jamela e aloxaban na conquevidade os remos e oitros útiles.
 Unha vez localizada unha jamela con remos, comprobábamos a flotavilidade e a continuación, dos ou tres ocupábamola e iamos, boja que te boja, dar paseos a refuxio do muelle. Así, podíamonos xuntar no mar catro, cinco, seis e ata sete ou oito jamelas ocupadas por rapaces ociosos, que facían carreiras, chapuzábanse, subían a bordo dos barcos mais grandes...e bueno, as veces tamén facíamos rapazadas menos inocentes que ainda que estou seguro que xa prescribiron como delito non teño porqué confesar aquí.
 Cando empezaba a caer a noite, eran días de outono ou primaveira, recollíamos a jamela...nos recollíamola polo menos, oitros non, por eso sufríamos en ocasións broncas e persecucións dos lexítimos propietarios ou de colegas e familiares deles...
 Recojido tu rebaño, ou, tras o exercicio físico... dirixíamonos a un bar para ver o partido do plus, que daquela comenzaba as súas emisións (por certo, non era nada barato dispor do plus na casa, logo poño unha foto dun contrato que andaba pola meu trasteiro. Teñoo porque miña irmá traballaba de administrativa para unha tenda de electrodomésticos que levaba o chollo do canal plus).
 O bar de moda naquela época para nos, foi o breve Willow, non creo que chegara a estar nin tres anos aberto, era un local estreito na entrada pero iase ensanchando cara o fondo, con unha pranta casi triangular. Neste fondo tiña a tele, que recordo grande, pero hoxe case seguro que todos temos unha tele mais grande que a que alí había incluso nas nosas habitacións. Diante da tele un cómodo sofá e butacóns arrodeandoo.
 Nese bar completábamos as xornadas do domingo, vendo futbol, falando, discutindo, bromeando,...

 Así o recordo eu, todo moi guai en principio... pero se me paro un pouco a pensar, é unha época que non me gustaría volver a repetir...no meu caso non foi traumática, pero case.

 Hai unha peli de Víctor García León, "Más pena que gloria" que retrata moi ben a adolescencia, baixo o meu criterio, desde o xénero da comedia amarga. En ela describen así a adolescencia: 
"Frustrante etapa de la vida en la que se accede al mundo de los deseos pero no se tiene la opción de realizarlos: Quieres follar, pero no puedes; quieres irte de casa, pero no puedes; sabes en que gastarte el dinero, pero no lo tienes... y siempre con esa sensación de no tener sitio en ningún lado, ni encontrarse bien en ninguna parte".

 Eu recordo algo así a miña adolescencia, recordo a frustación, as inseguridades, os medos, o aburrimento... e sobre todo o desamparo que sentía, todo o que aprendera ata ese momento, a xente que me rodeaba,... era como se non me comprenderan, como se non servira de nada. 
 E sentíame culpable. Culpable por coller as jamelas, culpable por mollarme cá roupa dos domingos, culpable por beber, por fumar,...por disfrutar, por non cumprir as expectativas postas en min e funme cerrando, criando unha coraza, distanciándome de todo, ata de min...ata que todo se me veu abaixo...pero esa é oitra historia. Digamos que sobrevivín.

 Un amigo meu definía a adolescencia como a etapa da vida que vai desde que empezas a facerte pajas ata que follas de forma habitual.
 A adolescencia de cada un é un mundo, pero é curioso ese fenómeno que se dá de idealizala, incluso desde a conciencia, como é o meu caso, de que foi un período duro...está demostrado que o noso cerebro alixeira, borrando ou agachando no último rincón da materia gris os recordos malos...lin en algures que se lle chama "olvido motivado", pero polo visto é algo non demostrado todavía.

 Eu creo que esa idealización tamén se pode deber o desexo de ter o que xa non se ten... expectativas de futuro, ilusión, inxenuidade, saude, vigor,...

 Un exemplo disto é que, ata fai pouco, unha das cousas que mais botaba de menos era ter unha moza formal, mais que unha moza formal, vou decir, o acurruque, envolvernos o un no oitro mutuamente...si, unha chorrada, pero era así.
 Iso ultimamente está cambiando, fai tanto que non se me arrecheja unha rapaza que empezo a pensar se a virxinidade será reversible...


Fotos:
1- Gamela na praia do Castro.
2-3-4- Porto de Aguiño.
5- Contrato de 1995 do Canal Plus.

J.G.C.



Ningún comentario:

Publicar un comentario