martes, 16 de febreiro de 2016

Paseando pola noite con John Atkinson Grimshaw.

 Gústame pasear de noite.
 Tamén de día, pero son paseos distintos.
 Os paseos diurnos son de disfrute, encontro e recreación. Encóntraste con veciños, coñecidos, amigos,...moitas veces fanse en compañía ou acabas acompañado. Son paseos pousados, liviáns que casi non cansan e nos que a luz che recarga as pilas e che sube o ánimo. Esa luz permíteche ver, disfrutar, recrearte nos lugares polos que paseas.

 Os paseos nocturnos, son oitra cousa. A oscuridade da noite invita ó anonimato, e o silencio a reflexión e a intimar con un mesmo. Non hai distrancións entre ti e o camiño. Estes paseos nocturnos axúdanme a coñecer o meu estado de saude físico e mental. Sempre empezo con un ritmo alto no camiñar e según me responda o corpo sei se debo frear ou manterme, sei se debo facer unha camiñada larga ou corta.
A súa vez, unhas veces teño conversas conmigo mesmo e vou tan centrado nelas que o chegar a casa, non teño conciencia clara de por onde pasei. Oitras necesito descansar de min e poño a radio e subo tanto o ritmo da camiñada como podo para quitarlle o máximo oxíxeno o cerebro e así castigalo por ese pensamento que me desequilibra.

 Hai paseos que mentras os fago, son consciente de min mesmo, do disfrute que estou experimentando, ...e, de repente, doume de conta de que quero prolongar ese momento, quero compartilo con alguén, quero detelo e conservalo para sempre.

 Oitras veces, mentras paseo, cruzaseme un meteorito, cometa ou asteroide. Xa os vin con estela branca, naranxa e un, verdoso. Vinnos de menos dunha decima de segundo, e largos como para acompañalos con un movimento de cabeza.

 Hai veces que a lúa e as nubes tintan o ceo de naranxa, oitras de azul intenso,... hai noites realmente fermosas.

E aquí é a onde quero chegar. Non vin ningunha fotografía que fora capaz de capturar realmente, a beleza e  a máxia desos momentos nocturnos. Pero a pintura en cambio, si o logrou.

 John Atkinson Grimshaw (1836-1893) é un dos pintores, que para o meu gusto mellor supo recrear a noite, á cal non tivo complexo en tintala de naranxa, verde, maxenta,...
Ó mesmo tempo ten unha gran capacidade de ambientación, sabe crear atmósferas e ilustrar un estado de ánimo.
 Unha das pinturas mais famosas do artista: Reflections on the Thames, Westminster, 1880
Nightfall Thames.












 Estas son algunhas das magníficas noites inglesas de Grimshaw, nas que podes sentir o frio e a humidade das noites invernais desas cidades inglesas, nas que sintes inquietude por esas rapazas que camiñan soas na noite por esos camiños solitarios e so iluminados pola luz da lúa.

 Grimshaw tamén fixo inquietantes paisaxes nevados, belos amenceres-atardeceres, pintou esceas mitolóxicas e do folklore inglés, retratos,... e o curioso e que é un pintor case descoñecido.

 Demos a coñecer a esos artistazas, vivos ou mortos, que por non seren mediáticos, por olvidados, polémicos, malditos,etc... son ignorados .











Para saber mais:
https://es.wikipedia.org/wiki/John_Atkinson_Grimshaw
http://www.wikiart.org/en/john-atkinson-grimshaw
http://www.johnatkinsongrimshaw.org/
http://eldibujante.com/blog/2012/04/09/el-pintor-de-la-noche/
http://trianarts.com/john-atkinson-grimshaw-paisajes-a-la-luz-de-la-luna/
http://www.art.com/gallery/id--a292/john-atkinson-grimshaw-posters.htm

Exemplos da pelea das cámaras dixitais, cá noite.





Son fotos do meu archivo, do pobo de Aguiño(Ribeira, A Coruña).

1- Porto de Aguiño. 2-3- Porto dende o rompeolas. 4-5- Aguiño dende o monte da Cidade, desde o alto da pedra da Rá. 6- Candelabro dunha noite sen luz.

E debo de decir, que as fotos son de cando as luces das ruas eran de vapor de sodio que, persoalmente, creo que alumaban mais e a luz naranxa que desprendian dabanlle mais calidez as rúas e por conseguinte, os paseos nocturnos. Agora foron sustituidas pola xelidez das brancas luces led que din que son mais eficientes a nivel enerxético.

 J.G.C.








Ningún comentario:

Publicar un comentario