mércores, 17 de febreiro de 2016

Durmir sonos.


 Hai días que os paso a durmir.

Desperto a miña hora habitual e algo resoa no meu cerebro que me di, que nada do que faga o levantarme vai mellorar o que faga a durmir.

 Pásome o día sen comer, sen asearme, sen atender as miñas responsabilidades...
Logo séntome culpable...
pero son días necesarios...danme respostas.

Estou atorado...atravesado entre o que me gustaría, o que podo e o que non quero facer cá miña vida. Todo elo convive, sen harmonía.

...pasome días actuando como que estou ben, sorrindo como se non houbera problemas...
esos días, nada me satisfai. Non disfruto nin en compaña dos amigos,...

 Necesito oitra vida mais plena, que sei imposible, e adícome a fantaseala, a construila en sonos, neses sonos de dorme-vela nos que case non distingues se estás esperto ou a durmir, porque se relevan...
mentras estás esperto dirixes o sono, cando non, dirixeo o inconsciente...

 É dificil dirixir a vida de un, esto está basado en interrelacións que son un lio comprender, non hai un manual nin titorial que facilite as cousas...tardas anos en desgranar algo que te leva a oitra incógnita...

creo que o final sempre é o mesmo
MORRES...
e non é un sono.


...ou si ?...


 J.G.C.

NOTA:

 Onte retirei isto do blog. Sentín vergoña por pensar e sentir o que ahí amoso...falando con un amigo deime de conta de que non teño por que sentir vergoña por sentir e expresarme ...

 ...esto está escrito nun día de tristura. ¡ Non vos suicidedes, a vida mola! ...mañá igual pasa algo caralludo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario