venres, 12 de febreiro de 2016

Xúpiter e Venus.


 O ano 2015 foi un ano excitante, tamén a nivel astrolóxico, e brindounos un bonito espectáculo cósmico como foi a coincidencia nos ceos das tardes-noites primaverais dos pranetas Venus e Xúpiter.

 Vimos como tarde a tarde se iban acercando i é curioso, pero eu tamén sentín un acercamento cósmico nesas mesmas datas...
 sentín, si, que pouco a pouco me achegaba a Venus...
 sentina mais e mais preto, pero cando me parecía que podía tocala cos dedos,
 deime de conta que entre a sua ruta gravitatoria e a miña...
había milleiros de quilómetros...

 Todo era un efecto óptico.
 Unha fantasía de Xúpiter e a pena e desesperación de Venus.
 Así, o igual que Xúpiter e Venus, fómonos alonxando e seguimos xirando na nada...
Ata que oitro suceso cósmico ocorra,
porque as nosas gravidades non nos permiten sairnos dos nosos camiños marcados.

 Estou seguro que haberá mais acontecementos cósmicos, e tanto Xúpiter coma Venus, nos seus propios eixes gravitacionais, encontraran corpos celestes, que non sexan un simple efecto óptico primaveral.

 A tarde do 30 de Xuño, Xúpiter e Venus case se bican, pero cunha distancia entre ambos de 800 millóns de kilómetros.


Nota:
 Foto 1 sacada de  http://oaxaca.me/hoy-se-producira-la-conjuncion-de-venus-y-jupiter/

Foto 2 obra de Pavel Gabzdyl " Luna, Júpiter y Venus desde Brno, República Checa".

Foto 3  archivo personal, desde punta da Graña (Ribeira, A Coruña).





Ningún comentario:

Publicar un comentario