mércores, 10 de febreiro de 2016

Pequenos praceres.



 The Hives en un bo grupo de rocanrol, pero ten o problema de que lle faltan cancións con carisma.

A escepción é o seu " Come on", como ben saben os publicistas, nos últimos dous anos puiden escoitar esta breve canción de punk garajero nuns 6 ou 7 anuncios e cortinillas de programación.

 Pero non quero falar de the hives, quero falar desas cancións que nos serven para soltar adrenalina, tensións, rabia acumulada,... para min o "come on" é unha delas.

 O sitio ideal para escoitala...o coche, a poder ser cando vas só nel. Entón daslle ó play, empeza a soar a bateria e vas poñendote en situación..., baixo, guitarras poñense en acción. Uan!...chu!...uan!, chu!, tri!...camoon!, camoon!...

Pero agora o meu truco, vamos a sustituir ese "camoon!" por un bo " cabrón!" ...e mentras o berreamos, a radio ten que estar alta se non, non é o mesmo, mentras o berreamos, facémolo con dedicatoria, pensando en ese alguén que polo que sexa, e por ser cívicos non llo espetamos in jour feis.

 Se hai mais dun alguén, non hai problema, nesa canción sobran os "camoons!,"cabróns!"...

 Bueno, a min serveme para soltar tensións. Espero que a alguén mais lle serva este briconsejo.


Aqui un enlace a un directo no que soan moi ben...ten cancion sen carisma adosada, pero deixase oir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario